domingo, 12 de febreiro de 2017

Xoguemos


    Benvidos un día máis ao noso blog.

    Anteriormente, os recursos proporcionados foron clasificados como recursos meramente TIC, polo tanto nesta entrada, proporcionarei recursos aptos para a súa utilización na aula ou na casa. Estes recursos estan destinados principalmente a pais, nais ou profesores para que lles den uso nas casas ou nas aulas, afectando os nenos de maneira indirecta.

  • O primeiro xogo,consiste primeiro na posible visualización dun vídeo, aínda que podemos prescindir del en caso de que controlemos o suficiente sobre o ciberacoso escolar. O paso seguinte consiste en comprobar que o neno ou a nena coñeza completamente o significado do termo, e polo tanto poda realizar xa a propia actividade. Esta consiste na creación dunha historia dun neno ou nena que sufra ciberacoso escolar. Pódese realizar en calquera tipo de formato: relato, cómic, mural ...                                                                                                      

 


  • Este segundo xogo tratará sobre o ciberbullying. O primeiro aspecto a tratar é explicarlle o neno ou nena que é, e asegurarnos de que o entenda á perfección. Tras este paso, podemos ver un vídeo para aclararlle máis as ideas dunha maneira máis lúdica, aínda que podemos prescindir del. Finalmente, realizarase a actividade. Neste caso, o neno ou nena terá que crear una obra de teatro, facer una representación teatral onde simule unha situación de ciberbullying.


 

      Ámbolos dous xogos son recursos sacados da Guía clínica sobre el ciberacoso para profesionales de la salud, a cal foi impulsada por unha fusión composta polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Red.es, a Sociedade Española de Medicina do Adolescente (SEMA) e máis o Hospital Universitario La Paz.
Esta guía pode ser descargada na páxina web de Chavales en la Red.
                                                           
                                                                    Ficha del recurso

      Esta pode ser unha boa maneira de afianzar e concienciar os nenos e as nenas, e ademáis, indirectamente, fomenta a creatividade e a imaxinación dos nenos. Podemos destacar tamén que de algunha maneira, analizamos como evoluciona a mente dos nenos á hora de vivir circunstancias difíciles.

     Ata a próxima! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario