Amosando publicacións coa etiqueta Ferramentas TIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferramentas TIC. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de abril de 2017

Movie Poster

Benvidos unha vez maís corsarios a Natecs na rede !

Hoxe imos falar por última vez de aplicacións educativas e quero presentar o Movie Poster.

Unha app moi sinxela onde so debes subir unha foto e decidir quen vai dirixir a película e demais cargos da industria cinematográfica.

A interfaz e moi sinxela e ainda que o ingles non sexa o teu punto mais forte, podes enterder os conceptos básicos e ahi deducir o seu uso.

Quén sabe, a próxima película podería estar ambientada na actualidade e tratar o tema de seguridade da rede ! e protagonizada por Jhonny Depp e Jennifer Lawrence.

Aqui os deixo o enlace: http://bighugelabs.com/poster.php


Ata outra corsarios !

QUIZBOX

Boas tardes navegantes!!

Esta nova aplicación que vos presento sirve para que a  utilicedes para crear   unha serie de cuestionarios de unha maneira fácil e rápida, e a sua vez poder subila a unha web ou blog,, e unha aplicación moi interesante e sencilla de utilizar.

Animovos a probala!!




Puzzlemaker

        
           ¡¡Boas navegantes!! 
          ¿Que tal de vacacións? 

           Hoxe traigovós unha práctica ferramenta que é moi util para elaborar talleres ou actividades lúdicas para a utilización de docentes. Nela pódense crear fácilmente sopas de letras, rompecabezas para ordenar palabras ou frases, crucigramas, laberintos, entre moitos outros. 
           A pesar de estar nunha versión medio inglesa-castellana é fácil de entender e de crear un bo proxecto, que posteriormente pode ser gardado en Word.



             Nas próximas entradas, publicarase unha actividade realizada con esta ferramenta. Mentres, anímovos a indagar nela e que fagades alguna trasnada!! 

             Vémonos pronto ❤

martes, 4 de abril de 2017

Fuga de Palabras


       Ola Natecs!!
     
       Hoxe traigovos una ferramenta moi interesante para completar o texto. Está integrada na páxina web OleSur. Consiste nunha Fuga de Palabras, onde hai que completar o texto coas palabras que faltan. Suponse que toda persoa que a realice debe estar familiarizado co tema traballado.

        A imaxe que aparece a continuación, sería o paso previo de toda actividade, é dicir, a creación dela. A plataforma encontrase en castelán e non ten dificultade ningunha para o seu uso.


         Sen embargo, está que vos proporciono a continuación é a actividade xa finalizada, e lista para realizarse.


         Bueno amigos, espero que vós gustará esta ferramenta e que indaguedes nela ata que subamos a actividade. É moi fácil de utilizar e ademais moi práctico para comprobar o aprendido.

        ¡¡Ata a vista piratillas!!

GenMagic


          Benvidos nativos!

          Hoxe traigovós unha nova ferramenta, muy útil e eficiente para facer dun contenido complexo algo moito máis sinxelo!!

          Esta ferramenta recibe o nome de Generador de Geroglíficos , e está especializada en crear geroglíficos.


          En referencia a súa forma de uso, é moi fácil de usar,posto que tan sólo tes que incluír as palabras que logo queres que sean descifradas.

          Como posible desventaxa, temos que tan só se poden facer jeroglíficos de 10 palabras, presentan unha gran dificultad e é moi limitado.
                              Ademais, non se gardan os jeroglíficos realizados, polo que se queres gardalos tes que realizar unha captura de pantalla.

            Esta foi unha das aplicacións ou ferramentas que utilicei para realizar unha das 4 actividades que teño que facer. Por iso, podo dicir dende a miña experiencia, que recomendovola para cada vez que necesitedes organizar contenido ou ideas. E por suposto, á hora de estudar.

            A próxima semana máis e mellor!

Myoats, a cousa vai de mandalas





      Boas tardes a todos corsarios e corsarias da rede!

      Hoxe estou aqui para falarvos dunha aplicación moi que encontrei moi entretida. Chámase Myoats, e a súa función é a creación de mandalas. Para os que non sepades o que son, deixovos unha foto dunha mandala e asi tamén tedes unha idea aproximada do que podedes facer na aplicación.

Imaxe relacionada

       A aplicación, é moi fácil de usar de tal forma, que nuns minutos, xa sabes usar a maioría de ferramentas que pon a túa disposición. Aínda que a interfaz está en ingles, é moi sinxela e intuitiva.

       Proximamente,subirei unha mandala feita por min utilizando Myoats. 

       Esto é todo por agora, verémonos noutra ocasión corsarios e corsarias !

ISSU

Boas tardes amigos!!

Cantos de vos utilizades pdf'? Imaxinome que a maioría de vos.

Hoxe querovos falar de unha aplicación que vos pode axudar moito, tratase de ISSU,  e un programa que nos sirve para convertir documentos de pdf en revistas dixitais de formato flash . Esta revista, danos a posibilidade de insertala nunha web ou blog de maneira fácil e sinxela.


Tools for Educators

Tools for educators, é  unha web que ofrece ferramentas para a creación online de materiais para despois imprimilos, fotocolialos e traballalos na aula. Ademáis podedes engadir imaxes dedicadas a un tema determinado, como pode ser a música.
Entre algunhas das ferramentas que hai na web podemos atopar, por exemplo: a creación de dados, crucigramas con imaxes, sopas de letras, tarxetas para bingo, fichas de dominó, de vocabulario, etc.
A paxina é moi facil de empregar xa que non require rexistro, co cal é adecuada para realizar os nosos propios materiales.


Espero que vos guste!

martes, 28 de marzo de 2017

Memorize

Boas Tardes Navegantes!!

Hoxe quero falarvos dunha aplicación revolucionaria que se chama Memorize, esta consiste en convertir os números en palabras, con ela tamén podemos crear tablas de memorizaciónque poderemos visualizalas ou ben ocultalas, que posteriormente se irán visualizando conforme nos apeteza, Ademáis sirvenos para desordear os contenidos das columnas para logo intentar relacionalos.

Espero que vosa guste e os sexa de axuda!! Un saúdo e ata a próxima.

Memorize


martes, 21 de marzo de 2017

Wordle

Bos días lectores!

Hoxe quero ensinarvos unha nova aplicación que espero que vos axude moito.

Wordle é unha aplicación online gratuita que nos permite crear nubes de palabras, é decir, a respresentación dunha imaxe das palabras dun texto. Na imaxe dansella máis importancia ás palabras que aparecen con máis frecuencia no texto orixinal.

Este é un exemplo de nube de palabras:



Kubbu


      Meus navegantes 💓

      Benvidos ó noso blog!
   
      A semana pasada proporcioneivos unha pequena reseña que falaba sobre a plataforma Pixton , para crear historietas, cómics... para potenciar a nosa creatividade e orixinalidade!!

      Esta semana veño traervos unha nova ferramenta. Chámase Kubbu, e aínda que a súa base está en inglés, é moi sinxela para a creación de actividades.

      Aquí debaixo tedes un exemplo de actividad que consiste no xogo do Domino para relacionar.





      Nesta plataforma podemos crear multitude de actividades: crucigramas, cuestionarios, ejercicios de relacionar, de clasificar con diferentes plantillas posibles ... O bo deste programa é que é totalmente gratuíto, e personalizable, poidendo realizalas actividades en papel ou online.

      Podo falarvos baixo a miña experiencia, posto que creei unha de esas actividades con esta ferramenta. É unha ferramenta útil, práctica, divertida e moi moi orixinal.

      Poderedes disfrutar da miña creación dentro de unhas semanas neste mesmo blog!
      Aguantade💪

   
   
   

Educaplay

Boas a todos, corsarios e corsarias da rede !


Estamos aqui para falar do portal educativo educaplay. Neste portal encontraremos unha chea de posibilidades para a creación de moitísimas actividades didácticas que se poden aplicar nas aulas ou no tempo de lecer dos alumnos.


O portal ofrece moitas maneiras para poder modificar a noso gusto os traballos, non tanto como aplicacións anteriormente mencionadas no blog, pero tamén deixa unha gran libertade ao autor/autora do traballo.

Tamén dicir que non me agradou demasiado a idea dun formato premiun, que da mais opción de modificar os exerciciós.

Punto a favor do portal educativo, é o listado de organización dos cursos do sistema educativo de diferentes paises.

Dito esto a creación das actividades é moi intuitiva cunha interfaz moi decorada e de fácil utilización cousa que é de agradecer.

martes, 14 de marzo de 2017

Popplet


        Boas outra vez!
        Hoxe estamos visitando dunha manera abusiva o noso espazo  para proporcionarvos sempre os mellores recursos e as actividades máis divertidas.
     
        Hoxe veño falarvos un pouco de Popplet, unha aplicación para facer mapas conceptuais dunha maneira dinámica e tecnolóxica. Ademais, coa información que vós proporcionarei vades poderlle dar un para un bo uso.

    
       Popplet,é unha ferramenta e unha aplicación que se encontra dispoñible na Internet e en AppStore e PlayStore. Esta aplicación, permite estructurar e organizar as súas ideas en mapas mentais, conceptuais, tablóns, murais, galerías, etc. Ofrecese a posibilidade de facelo de forma individual ou colaborando con outras persoas.
       É unha aplicación moi sinxela e moi intuitiva, posto que a pesar de que este no idioma ingles, esta perfectamente orientada e guiada.

        Antes de comenzar, débedes rexistraros cun nome de usuario e unha contrasinal que usaredes cada vez que querades entrar.
        Unha vez feito estes pasos, o seguinte é empezar a crear a nosa creación.  Podes personalizar os cadrados, o tamaño da letra,etc...

        Por tanto, como podedes ver, baixo o meu punto de vista, esta é unha ferramenta TIC moi interesante e fácil de utilizar posto que podemos crear mapas conceptuais,murais, e un inmenso banco de posibilidades, dunha maneira moi sinxela. Pódese aplicar a numerosas actividades que fomenten a creatividade, a habilidade comunicativa, desenrolar un bo lenguaxe léxico e o máis importante, a construcción do seu propio coñecemento.

        Asi que.. non dubidedes en probala!



JClip Autor

         Boas navegantes !

         Hoxe veño a falar do programa JClip Autor, un programa onde podedes crear unha chea de actividades interactivas, como moitos tipos de puzzle, xogos de memoria, sopas de letras...

         Estiven uns días trasteando con ela, e a verdade é que o máis difícil, é a súa instalación, xa que se nos posues a última versión de "Java", oblígache a descargala. Polo demais, ten unha interfaz moi simple e intuitiva.

         Despois de realizar a actividade dunha forma totalmente personalizada, decides ti  o nivel de dificultade que queres establecer. Posteriormente, podes ver o funcionamiento da túa creación na propia aplicación.

         En conclusión é unha aplicación moi útil, de uso moi fácil, e 100% recomendable.



Hot Potatoes

Hola boas tardes amigos/as de Natecs na rede.

Hoxe queremosvos falar de Hot Potatoes, unha ferramenta de autor a cal consta de varios progrmas, os cales nos servirán para crear unha serie de exercicios que a sua vez poderán ser publicados  nun servidor web,e así poder difundilos a tráves de internet.


















Son exercicios sinxelos, e polo xeral faciles de resolver, é un programa como e fácil de utilizar, de maneira que esta dispoñible para o uso de calquera persoa, xa manexe internet dunha manira complexa ou non.


Agardo  que ó probedes axiña.



Quiz Revolution

Boas tardes lectores!

Hoxe veño a ensinarvos unha nova aplicación que vos servirá de gran axuda para facer cuestionarios multimedia; o mellor de esta aplicación é que no temos a necesidade de instalala para levala a cabo.

Os cuestionarios quedan aislados dentro da aplicación e podemos compartilos tanto nun blog ou en calquer rede social como pode ser: twitter, facebook ou incluso o email.
Ademáis as cuestións poden estar acompañadas de imaxes, videos ou incluso links.






Espero que vos guste e que vos sirva de axuda xa que é unha aplicación moi facil de empregar.

¡Un saúdo!

martes, 21 de febreiro de 2017

Actividades audiovisuais : O videoquiz

Boas tardes navegantes!

Nas tarefas de hoxe atopábase elexir unha actividade audiovisual. Podíamos escoller entre: videoquiz, videotutorial e cómic, entre moitas outras. 

Antes de decirvos cal foi a nosa decisión, vouvos falar un pouco do videoquiz.
Esta actividade transforma un video de elemento expositivo interactivo e didáctico. Neste, engadimos numerosos videos que podemos extraer de Youtube, ou ben poden ser de colecta propia. Feito isto, o videoquiz permite incluír preguntas durante esta actividade, de tal maneira que o nivel de atención dos espectadores será maior ao ter unha "avaliación" .

A pesar de que todas eran unhas propostas moi interesantes decidimos decantarnos polo cómic xa que é un medio audiovisual utilizado na educación en todas as épocas anteriores e mediante o cal, achegámonos dunha maneira divertida aos nosos alumnos.

O noso cómic vaise centrar na historia dun rapaz que sufre unha serie de problemas por non configurar correctamente a privacidade das súas redes sociais. Espero que vos guste!

Un saúdo!!


Actividades audiovisuais : O videotutorial

BOAS TARDES LECTORES!

Como xa sabedes existen diversas actividades audiovisuais. Hoxe , antes de falarvos da que nos eleximos, vouvos falar un pouco do videotutorial.

Un videotutorial é un video cunha serie de pasos que aumentan pouco a pouco, o nivel de dificultad e entendimiento. Trátase de recursos audiovisuais que, neste caso teñen fins académicos para tratar temáticas de distintas asignaturas.
Estes tutoriais, encóntranse sobre todo en plataformas virtuais como por exemplo YouTube o Vimeo. É unha ferramenta moi atractiva para os rapaces e rapazas posto que mediante esta actividade potencian o aprender por aprender. Ademais, mellora  o proceso de aprendizaxe.

Compre destacar tamén, que para que sea exitoso debe ser breve, estar ben estructurado e plasmar as ideas de manera clara e reiterativamente.

Esperamos que a forma de trasladarvos a información sobre o tema a través dun cómic sexa do voso agrado, xa que os participantes do grupo decidimos escoller esta opción debido á posibilidade que nos permite unha interacción máis lúdica e entretida.
Ademáis cabe engadir que a utilización do cómic como instrumento de ensino, vense utilizando dende tempos antigos, e ven dando uns excelentes resultados, xa que desperta un maior interese cara o público e neste caso esperemos, para vós, os nosos lectores.

 Ata a próxima!


Stopmotion e cómic

Boas a todos rapaces e rapazas

Hoxe vou falar sobre as actividade audiovisuais, entre elas do stopmotion e da nosa elección, o cómic.

Algunhas actividades audiovisuais, son o videoquiz, que consiste en facer un xogo mediante unha serie de vídeos. Tamén encontramos o videotutorial e o stopmotion.

O stopmotion é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. Utilízase para producir movementos animados de calquera obxecto, como por exemplo, un xoguete ou bonecos artículados.

Finalmente, puxémonos dacordo coa idea do cómic. Pareceunos unha maneira moi pedagóxica de explicarlle as novas xeracións o perigo das redes sociais, e cales son os problemas que lles poden causar nas súas vidas, dunha forma moi similar aos seus heroes, como os tan de moda Iron-Man, Hulk ou Capitán América.

Utilizaremos unha aplicación online xa que por desgraza ningún de nós ten unha habilidade decente no campo do debuxo.

Vémonos na seguinte entrada, e non fagades moitas troulas !
 

O cómic


Ola de novo navegantes!

Hoxe vouvos falar do futuro recurso que subiremos ao noso blog para que podades disfrutar del.

Nas entradas anteriores proporcionámosvos algunhos recursos TIC e recursos para a aula,deixando un pouco de lado as actividades audiovisuais.
As actividades audiovisuais nas aulas de Primaria son esenciais, xa que facilitan o aprendizaxe e a adquisición de coñecementos.

Barallamos diversas opcións, como por exemplo, un videoquiz ou un video tutorial.
O videoquiz é unha proposta moi interesante, na que se plantea unha especie de xogo ou test, que é resolto a medida que avanza o video. O videotutorial é unha proposta moi boa, no caso en que explicáramos como facer algo.No noso caso,podíase aplicar a configuración correcta da privacidade nas redes sociais, cun vídeo duns poucos minutos.

Pero sen embargo, decantámonos por un comic, xa que é unha maneira moito máis cercana de achegarnos aos nenos. Nela mostrarase a historia dun neno que ,debido a mala configuración da súa privacidade , sufrirá unha serie de consecuencias. A finalidade, é que os nenos e nenas saquen unha conclusión e aprendan a facer un uso correcto das redes sociais.

Ata a vista!