Amosando publicacións coa etiqueta Alex. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alex. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de maio de 2017

Grazas por todo!!

Boas amigos/as!!

Hoxe é o día no que temporalmente, damos por rematado o noso blog. E so podemos agradecervos a vosa colaboración, e o voso interese a hora de consultarnos, xa que sen vos realmente todo o traballo non houberá servido para nada!!
Unha vez máis queremos darvos as grazas pola vosa fidelidade e entrega!!

Espero que iste blog os servise de axuda en máis de unha ocasión, que vos mostrase información util, e que esa información poida ser levada por vos a outras persoas para asi rematar cos problemas de seguridade que hoxe en dia son tan comúns!

Un saúdo é ata pronto amigos/as



martes, 9 de maio de 2017

Reflexión sobre os proxectos expostos


Ola navegantes!!
Durante a sesión do 9 de maio da nosa materia de Novas Tecnoloxías, estivo dedicada a exposición dos nosos proxectos. En xeral, e baixo a miña opinión, penso que todos os proxectos expostos caracterizáronse por estar repletos de esforzo e moito traballo, polo que o resultado final foi espléndido.
Non podería elixir un que fora mellor que outro, posto que todos e cada un deles, era moi diferente pero estaban perfectamente feitos.
Ademais, o apoio visual utilizado como recurso para a exposición facilitou a comprensión e explicación destes proxectos.
Polo tanto, creo que todos os meus compañeiros e máis o meu grupo, realizamos un bo traballo, un bo informe e un bo proxecto final para rematar esta práctica.

Un saúdo rapaces!!

luns, 8 de maio de 2017

Suplantación de identidade

Boas de novo amigo/as!

Hoxe quero mostrarvos, que todo o referido a seguridade na rede, é moi importante. Nós tratámolo de maneira "teórica", pero hoxe quérovos achegar a realidade máis preto e mostrarvos casos reais, que vós servirán de moita axuda, tanto para previr estas situacións, como en caso de sufrilas para saber como actuar.

O artículo que vós proporciono a continuación, é o articulo no que vou basar a miña reflexión. Pertenece ao periódico El País, e foi escrito e publicado por Laura Delle Femmine o 6 de Maio de 2016. 

Han suplantado mi identidad en internet


Hoxe en día podemos decir que somos moitos os que contamos, con redes sociais, correos electrónicos... lugares  nos cales nos rexistramos, damos os nosos datos, compartimos información, publicamos fotos, comentarios...pero... ¿ata que punto é realmente seguro o sistema destas webs?

Aquí tedes un fragmento da noticia, que reflexa un caso que pode pasarlle a calquera de nós:

"Imagínate que empiezas a recibir mensajes desagradables por WhatsApp de personas que no conoces. Les preguntas de dónde han sacado tu contacto y te contestan que está colgado en Internet. Preocupado, tras una rápida búsqueda, te tropiezas con una conocida página web de clasificados donde aparecen tu nombre, ciudad de residencia y número de teléfono." (Delle, 2016)

Garantizan unha seguridade moi alta e fiable,  pero por desgracia cada día encontrámonos máis casos de suplantación de identidade, de roubo de fotografías privadas, etc...Miles  de casos que as veces poden correxirse e outras veces non teñen solución.

Por eso amigo/a, dende este blog sempre vós vamos a axudar e ensinar a prever e protexer, para que noticias como a anterior, non se repitan, ou polo menos, cada vez haxa un número menor.

Leede detivamente as nosas entradas sobre este, pode que pareza unha tontería, pero mediante a lectura a xente concienciase do perigo que poden ter as cousas, e neste caso a Internet. Leede os nosos consellos e solucións, para que desta maneira, poidades estar seguros contra esta piratería.

Nunca se sabe... ti podes ser o seguinte.

Un saúdo!!

martes, 2 de maio de 2017

Informe do noso proxecto


Navegantes!!

Nesta entrada adxuntamos o Informe do noso proxecto final, a WebQuest títulada Natecs Na Rede.

Podedes abrilo e consultalo para resolver todas as dúbidas que teñades.

Informe

Vémonos pronto!

Apoio visual para exposición do proxecto


Lectores e lectoras!!

Complementando a actividade anterior, adxuntamos o apoio visual que usaremos para a exposición do noso proxecto o 9 de Maio. Este recurso foi elaborado na plataforma Drive.

Presentación 

Xa sabedes, calquera dúbida... tripleaprimaria@gmail.com

Ata logo!!


martes, 25 de abril de 2017

Webquest: Natecs na rede


Meus Natecs❤

Hoxe é o día. Hoxe adxuntamos nesta entrada a o noso proxecto, o noso recurso, a webquest que abarca todo o contido do noso blog.

Foi realizada con Wix, e a pesar da dificultade desta plataforma,e un pequeno erro ao non visualizarse 2 das fotos da portada, estamos moi contentos co resultado.

Aquí tedes o enlace : WebQuest: Natecs na rede

Esperamos que vós guste, e que a disfrutedes!!
Calquera dúbida tripleaprimaria@gmail.com.

Moitos besos para todos!

Actividades


Boas tardes  compañeiros/as:

A continuación deixovos uns enlaces sobre unhas actividades de carácter educativo en relación cos contidos deste blog,  espero que vos guste e que os disfrutedes.

1.Crossword

2. Sopa de Letras

3. Vocabulario

4. Memorize

Un saúdo e  ata pronto!!

martes, 18 de abril de 2017

QUIZBOX

Boas tardes navegantes!!

Esta nova aplicación que vos presento sirve para que a  utilicedes para crear   unha serie de cuestionarios de unha maneira fácil e rápida, e a sua vez poder subila a unha web ou blog,, e unha aplicación moi interesante e sencilla de utilizar.

Animovos a probala!!




martes, 4 de abril de 2017

ISSU

Boas tardes amigos!!

Cantos de vos utilizades pdf'? Imaxinome que a maioría de vos.

Hoxe querovos falar de unha aplicación que vos pode axudar moito, tratase de ISSU,  e un programa que nos sirve para convertir documentos de pdf en revistas dixitais de formato flash . Esta revista, danos a posibilidade de insertala nunha web ou blog de maneira fácil e sinxela.


martes, 28 de marzo de 2017

Memorize

Boas Tardes Navegantes!!

Hoxe quero falarvos dunha aplicación revolucionaria que se chama Memorize, esta consiste en convertir os números en palabras, con ela tamén podemos crear tablas de memorizaciónque poderemos visualizalas ou ben ocultalas, que posteriormente se irán visualizando conforme nos apeteza, Ademáis sirvenos para desordear os contenidos das columnas para logo intentar relacionalos.

Espero que vosa guste e os sexa de axuda!! Un saúdo e ata a próxima.

Memorize


martes, 14 de marzo de 2017

Hot Potatoes

Hola boas tardes amigos/as de Natecs na rede.

Hoxe queremosvos falar de Hot Potatoes, unha ferramenta de autor a cal consta de varios progrmas, os cales nos servirán para crear unha serie de exercicios que a sua vez poderán ser publicados  nun servidor web,e así poder difundilos a tráves de internet.


















Son exercicios sinxelos, e polo xeral faciles de resolver, é un programa como e fácil de utilizar, de maneira que esta dispoñible para o uso de calquera persoa, xa manexe internet dunha manira complexa ou non.


Agardo  que ó probedes axiña.



¿Cazamos?


          Benvidos un día máis o noso blog.


          Hoxe vamos engadir ós nosos recursos, un novo moi interesante e innovador, que é unha Caza do Tesouro. 
          Unha “Caza do Tesouro” é unha das estructuras de actividade didáctica máis populares entre os docentes que utilizan a Internet nas súas clases. Consiste en plantexar unha serie de cuestións e proporcionar un listado de direccións da Internet nas que os alumnos buscarán as respostas. Ademáis, hai unha gran cuestión, cuxa resposta non está explicada nos enlaces senón que é necesario integrar e xuntar o aprendido para responder correctamente a ela... Como ventaxas desta actividade, esta a mellora da comprensión lectora dos alumnos, e o desarrollo da capacidade de buscar en Internet, e sacar o máis importante.
          
         A nosa chámase "Caza tecnolóxica e dixital", e podedes vela a continuación.

                                             

                                             

         Disfrutade de ela e se queres, contádenos o que vos pareceu comentando aquí embaixo.

         Ata a próxima navegantes!!

luns, 27 de febreiro de 2017

Un despiste no Facebook

Boas noites navegantes!!

Fai uns días publicábamos unhas entradas onde explicábamos as diferenzas entre distintas actividades audiovisuais, como o videotutorial, o videoquiz ou o cómic. Na entrada de hoxe, presentámosvos o noso cómic, do que xa os falamos un pouco anteriormente, que ten por título Un despiste no Facebook. Esta historieta que vós presentamos, pasou por multitude de programas de creación de cómics, pero ningun convencianos, ata que acadamos co programa Pixton, e non dubidamos na súa elección.

Alex, é un rapaz de 17 anos que estudia 1º Bacharelato, e esta rexistrado en todas as redes sociais: Twitter, Instagram, Facebook.... pero anda máis activo nesta última. Debido a unha mala configuración da súa privacidade, unha mentira é descuberta, varios descoñecidos cotillean o perfil do noso protagonista e este sufre unha suplantación da súa identidade... Misterioso... ¿verdade?

Animaros a leelo e planteáde, se se vós ocurren, outros finais para a nosa historia !!
Esperamos que vos guste!

 Ata a próxima navegantes!


martes, 21 de febreiro de 2017

Actividades audiovisuais : O videotutorial

BOAS TARDES LECTORES!

Como xa sabedes existen diversas actividades audiovisuais. Hoxe , antes de falarvos da que nos eleximos, vouvos falar un pouco do videotutorial.

Un videotutorial é un video cunha serie de pasos que aumentan pouco a pouco, o nivel de dificultad e entendimiento. Trátase de recursos audiovisuais que, neste caso teñen fins académicos para tratar temáticas de distintas asignaturas.
Estes tutoriais, encóntranse sobre todo en plataformas virtuais como por exemplo YouTube o Vimeo. É unha ferramenta moi atractiva para os rapaces e rapazas posto que mediante esta actividade potencian o aprender por aprender. Ademais, mellora  o proceso de aprendizaxe.

Compre destacar tamén, que para que sea exitoso debe ser breve, estar ben estructurado e plasmar as ideas de manera clara e reiterativamente.

Esperamos que a forma de trasladarvos a información sobre o tema a través dun cómic sexa do voso agrado, xa que os participantes do grupo decidimos escoller esta opción debido á posibilidade que nos permite unha interacción máis lúdica e entretida.
Ademáis cabe engadir que a utilización do cómic como instrumento de ensino, vense utilizando dende tempos antigos, e ven dando uns excelentes resultados, xa que desperta un maior interese cara o público e neste caso esperemos, para vós, os nosos lectores.

 Ata a próxima!


mércores, 15 de febreiro de 2017

Reflexión sobre a busca de recursos


    Boas navegantes!

    En entradas anteriores do blog, vos proporcionamos algúns recursos interesantes para traballar a protección de datos e seguridade na rede.

    Hoxe, vamos facer unha pequena reflexión sobre esa búsqueda. Buscamos os recursos que nos interesaban con palabras clave como por exemplo : xogos sobre a protección de datos e a seguridade na rede ou no caso dos videos no buscador de Youtube : Protección de datos / Seguridade na rede. 
O seguinte paso, foi revisar a fonte da que proviña o recurso e finalmente, traballalo para saber como expoñelo no blog.
    Os recursos abarcan maioritariamente vídeos extraídos de Youtube, e os máis numerosos son do usuario Pantallas Amigas. O bo dos videos é que é unha maneira fácil e entretenida de que os rapaces e rapazas manteñan a súa atención nel, aprendendo cousas para a súa vida cotiá.
    Pero tamén localizamos varios xogos, o cal é moi interesante porque o aprendizaje é moito máis lúdico que ó ler unha guía.

    Para o noso proxecto, estes recursos que seleccionamos proporcionarán distintas perspectivas desde as cales levalo a cabo, e ademais nova información que podemos engadir e utilizar.

    Recopilamos todos os recursos localizados e usados no seguinte poster dixital, creado a través de Glogster. Esperamos que vos guste!!

      Póster dixital


    Vémonos pronto!
   

domingo, 12 de febreiro de 2017

EXEMPLOS DE VIOLACIÓN DA PRIVACIDADE




     Bos días lectores!!!

     Hoxe en día todos  escoitamos continuamente  o  tema da violación de privacidade, pero ¿sabemos realmente o que é? ¿Como se produce? 
     Moitas de estas violacións producense de maneira non intencionada,  xa que nos se sabe ven o que o contexto significa.  A continuación deixovós  unha serie de enlaces aplicados a situacións reais que nos servirán para saber máis acerca do que descoñecemos na seguridade da rede.
      Ambos dous vídeos proveñen da man de Pantallas Amigas, usuario productor dos vídeos títulados Redes sociales y privacidad: Cuida lo que publicas sobre los demás e máis Privacidad, identidad y datos personales en redes sociales en riesgo por las etiquetas . 


                                                                    Ficha del recurso

           Este, sen embargo, é unha pequena fábula protagonizada por "caperucita roja" que fala sobre a protección de datos.

                                                                   Ficha del recurso 
     Espero que vos sirvan de axuda.
     Un saúdo

mércores, 8 de febreiro de 2017

Día da Internet Segura


     Benvidos queridos navegantes! 

     Hoxe, día 7 de Febreiro de 2017, é o día internacional da Internet Segura.
     Cada ano, no mes de Febreiro, celébrase este acontecemento promovido por a Comisión Europea e organizado pola Rede Europea por unha Internet Segura (INSAFE). O obxectivo é promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, sobre todo en menores e xóvenes.                O seu nacemento xorde a través do programa de Internet Seguro creado pola Comisión Europea no ano 1999, propiciando unha maior seguridade na utilización da internet mediante a loita contra os contidos ilícitos e nocivos nas redes mundiales. 
    
     Para celebrar este día, propóñovos este video-documental sobre 10 Recomendaciones para o Uso Seguro de Internet e as Redes Sociais, adaptado para os máis e as máis pequenas dos fogares. Este recurso foi publicado e subido a rede en Youtube por Pantallas Amigas , mesmo usuario ao que se lle atribuie a creación e produción do video.


       Considero que é unha boa forma de celebrar e fomentar un bo uso da Internet. Este documental pódese complementar con xogos, ou fichas didácticas para aplicar o mencionado no vídeo.

   

martes, 31 de xaneiro de 2017

Protección de datos

     Boas Tardes!!

     O tema  elixido foi seleccionado, entre un sin fin de temas relacionado cás novas tecnoloxías, xa que consideramos que na sociedade actual , a  ley de protección de datos é un tema de  interese social, pero que a maioría da xente descoñece na sua totalidade.

     Hoxe en día tanto para redes sociais, coma colexio virtual de calquera escola, ou mesmo incluindo as aplicacións do noso móbil están necesitadas dunha seguridade e control de datos, xa que a ameaza dunha posible perda de datos ou suplantación da identidade, ou mesmo a aparición indesexada dunha persoa nunha fotografía ou red é un tema preocupante e serio, xa que pode levar a situacións non desexadas, e  a  saída a luz pública de datos  ou contidos  que non interesa que saian.

     Para isto neste blog, vamos a intentar darvos unha maior información acerca do tema en cuestión para que de esta maneira, evitar situación de risco, ou, en caso de que se produzan estas situacións saber actuar dunha maneira rápida e eficaz.

     Espero que a información vos axude e sexa do voso interese.




luns, 30 de xaneiro de 2017

¡Benvidos!


                           
      ¡Benvidos ó noso blog!



       Ola a todos, damosvos a benvida a este espazo no que iniciamos a nosa aventura como bloggers.

       Nós somos Alex, Ana, Andrea e Antón , e facemonos chamar Triple A. Encargarémonos de actualizar semanalmente este blog.

       Este espazo vai estar dedicado aos nosos presentes e futuros nativos tecnolóxicos e dixitais, dos que seremos docentes nun mañá. Esta iniciativa nace da materia de Novas Tecnoloxías. Novas Tecnologías é unha materia dedicada precisamente aos usos, vantaxes e inconvenientes das tecnoloxías que se usan na actualidade. Aquí proporcionaremos recursos, actividades e información sobre a seguridade na red e a protección de datos dos máis peques, abarcando todo tipo de ámbitos e situacións.

      Este proxecto o realizaremos mediante a plataforma Blogger ,usando as súas ferramentas online para enriquecer o noso espazo.

       Podedes ler máis sobre nosotros no apartado "Sobre nós" . 

       Próximamente publicaremos as nosas primeiras entradas, escritas por cada un dos componentes.

       ¡Moitas grazas pola vosa atención!