mércores, 8 de febreiro de 2017

Día da Internet Segura


     Benvidos queridos navegantes! 

     Hoxe, día 7 de Febreiro de 2017, é o día internacional da Internet Segura.
     Cada ano, no mes de Febreiro, celébrase este acontecemento promovido por a Comisión Europea e organizado pola Rede Europea por unha Internet Segura (INSAFE). O obxectivo é promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, sobre todo en menores e xóvenes.                O seu nacemento xorde a través do programa de Internet Seguro creado pola Comisión Europea no ano 1999, propiciando unha maior seguridade na utilización da internet mediante a loita contra os contidos ilícitos e nocivos nas redes mundiales. 
    
     Para celebrar este día, propóñovos este video-documental sobre 10 Recomendaciones para o Uso Seguro de Internet e as Redes Sociais, adaptado para os máis e as máis pequenas dos fogares. Este recurso foi publicado e subido a rede en Youtube por Pantallas Amigas , mesmo usuario ao que se lle atribuie a creación e produción do video.


       Considero que é unha boa forma de celebrar e fomentar un bo uso da Internet. Este documental pódese complementar con xogos, ou fichas didácticas para aplicar o mencionado no vídeo.

   

Ningún comentario:

Publicar un comentario