Boas a todos rapaces e rapazas
Hoxe vou falar sobre as actividade audiovisuais, entre elas do stopmotion e da nosa elección, o cómic.
Algunhas actividades audiovisuais, son o videoquiz, que consiste en facer un xogo mediante unha serie de vídeos. Tamén encontramos o videotutorial e o stopmotion.
O stopmotion é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. Utilízase para producir movementos animados de calquera obxecto, como por exemplo, un xoguete ou bonecos artículados.
Finalmente, puxémonos dacordo coa idea do cómic. Pareceunos unha maneira moi pedagóxica de explicarlle as novas xeracións o perigo das redes sociais, e cales son os problemas que lles poden causar nas súas vidas, dunha forma moi similar aos seus heroes, como os tan de moda Iron-Man, Hulk ou Capitán América.
Utilizaremos unha aplicación online xa que por desgraza ningún de nós ten unha habilidade decente no campo do debuxo.
Vémonos na seguinte entrada, e non fagades moitas troulas !
Ningún comentario:
Publicar un comentario