martes, 21 de febreiro de 2017

Actividades audiovisuais : O videoquiz

Boas tardes navegantes!

Nas tarefas de hoxe atopábase elexir unha actividade audiovisual. Podíamos escoller entre: videoquiz, videotutorial e cómic, entre moitas outras. 

Antes de decirvos cal foi a nosa decisión, vouvos falar un pouco do videoquiz.
Esta actividade transforma un video de elemento expositivo interactivo e didáctico. Neste, engadimos numerosos videos que podemos extraer de Youtube, ou ben poden ser de colecta propia. Feito isto, o videoquiz permite incluír preguntas durante esta actividade, de tal maneira que o nivel de atención dos espectadores será maior ao ter unha "avaliación" .

A pesar de que todas eran unhas propostas moi interesantes decidimos decantarnos polo cómic xa que é un medio audiovisual utilizado na educación en todas as épocas anteriores e mediante o cal, achegámonos dunha maneira divertida aos nosos alumnos.

O noso cómic vaise centrar na historia dun rapaz que sufre unha serie de problemas por non configurar correctamente a privacidade das súas redes sociais. Espero que vos guste!

Un saúdo!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario