mércores, 15 de febreiro de 2017
Reflexión sobre a busca de recursos
Boas navegantes!
En entradas anteriores do blog, vos proporcionamos algúns recursos interesantes para traballar a protección de datos e seguridade na rede.
Hoxe, vamos facer unha pequena reflexión sobre esa búsqueda. Buscamos os recursos que nos interesaban con palabras clave como por exemplo : xogos sobre a protección de datos e a seguridade na rede ou no caso dos videos no buscador de Youtube : Protección de datos / Seguridade na rede.
O seguinte paso, foi revisar a fonte da que proviña o recurso e finalmente, traballalo para saber como expoñelo no blog.
Os recursos abarcan maioritariamente vídeos extraídos de Youtube, e os máis numerosos son do usuario Pantallas Amigas. O bo dos videos é que é unha maneira fácil e entretenida de que os rapaces e rapazas manteñan a súa atención nel, aprendendo cousas para a súa vida cotiá.
Pero tamén localizamos varios xogos, o cal é moi interesante porque o aprendizaje é moito máis lúdico que ó ler unha guía.
Para o noso proxecto, estes recursos que seleccionamos proporcionarán distintas perspectivas desde as cales levalo a cabo, e ademais nova información que podemos engadir e utilizar.
Recopilamos todos os recursos localizados e usados no seguinte poster dixital, creado a través de Glogster. Esperamos que vos guste!!
Póster dixital
Vémonos pronto!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario