martes, 21 de febreiro de 2017

O cómic


Ola de novo navegantes!

Hoxe vouvos falar do futuro recurso que subiremos ao noso blog para que podades disfrutar del.

Nas entradas anteriores proporcionámosvos algunhos recursos TIC e recursos para a aula,deixando un pouco de lado as actividades audiovisuais.
As actividades audiovisuais nas aulas de Primaria son esenciais, xa que facilitan o aprendizaxe e a adquisición de coñecementos.

Barallamos diversas opcións, como por exemplo, un videoquiz ou un video tutorial.
O videoquiz é unha proposta moi interesante, na que se plantea unha especie de xogo ou test, que é resolto a medida que avanza o video. O videotutorial é unha proposta moi boa, no caso en que explicáramos como facer algo.No noso caso,podíase aplicar a configuración correcta da privacidade nas redes sociais, cun vídeo duns poucos minutos.

Pero sen embargo, decantámonos por un comic, xa que é unha maneira moito máis cercana de achegarnos aos nenos. Nela mostrarase a historia dun neno que ,debido a mala configuración da súa privacidade , sufrirá unha serie de consecuencias. A finalidade, é que os nenos e nenas saquen unha conclusión e aprendan a facer un uso correcto das redes sociais.

Ata a vista!

Ningún comentario:

Publicar un comentario