Hoxe é o último día que me poño en contacto con vós, e neste caso é para despedirme.
Espero que vos serviran de moita axuda as nosas publicacións e tamén espero que as puxerades en práctica con gran éxito.
Animobos a seguir investigando máis sobre os perigos das redes sociales e os avances das novas tecnoloxías. Espero volver a escribirvos algún outro día.
Nesta entrada vou realizar unha pequena reflexión sobre a exposición dos proxectos.
Considero que o noso traballo final foi exposto dunha boa maneira, o que ocasionou unha perfecta comprensión grazas a estructuración que levamos a cabo.
Ademais, foi o resultado dun gran esforzo e interés na materia, ao igual que no tema elixido.
Respecto o resto de proxectos, cada un foi totalmente distinto ó outro, destacando nunhas cousas ou noutras. Personalmente, gustáronme todos moitos, posto que aprendín de cada un, unha cousa nova.
Un saúdo, e felicitacións a todos os meus compañeiros polo seu traballo!!
Complementando a actividade anterior, adxuntamos o apoio visual que usaremos para a exposición do noso proxecto o 9 de Maio. Este recurso foi elaborado na plataforma Drive.
Ola lectores/as!!
Hoxe veño a mostrarvos unha noticia que me chamou moito a atención e a cal ten moito que ver co tema que tratamos neste blog e o cal está a orden do día; é o caso dos menores nas redes sociais.
É unha noticia que trata a problemática de compartir as fotos de menores nas redes sociais, xa que supón un gran peligro para os nosos menores. Tamén está o caso dos rapaces que comezan a empregar as redes sociais e os cales non teñen moita idea sobre si o que están a facer está ben ou mal ou si é perigoso ou non. Para iso, Facebook e o "Grupo de sociología de la infancia y la adolescencia" creou unha guía para mellorar a convivencia online.
Paréceme unha iniciativa moi boa xa que a maioría da xente non ten ningunha idea dos riscos aos que se expoñen e aos que expoñen a gente coa que sacan a foto.
Hoxe é o día. Hoxe adxuntamos nesta entrada a o noso proxecto, o noso recurso, a webquest que abarca todo o contido do noso blog.
Foi realizada con Wix, e a pesar da dificultade desta plataforma,e un pequeno erro ao non visualizarse 2 das fotos da portada, estamos moi contentos co resultado.
Aquí vos deixo unha serie de actividades que creamos relacionandoas coa tecnoloxía, o principal tema de este blog. Espero que vos gusten e o pasedes ben probandoas!
¡¡Boas navegantes!! ¿Que tal de vacacións? Hoxe traigovós unha práctica ferramenta que é moi util para elaborar talleres ou actividades lúdicas para a utilización de docentes. Nela pódense crear fácilmente sopas de letras, rompecabezas para ordenar palabras ou frases, crucigramas, laberintos, entre moitos outros. A pesar de estar nunha versión medio inglesa-castellana é fácil de entender e de crear un bo proxecto, que posteriormente pode ser gardado en Word.
Nas próximas entradas, publicarase unha actividade realizada con esta ferramenta. Mentres, anímovos a indagar nela e que fagades alguna trasnada!!
Tools for educators, é unha web que ofrece ferramentas para a creación online de materiais para despois imprimilos, fotocolialos e traballalos na aula. Ademáis podedes engadir imaxes dedicadas a un tema determinado, como pode ser a música. Entre algunhas das ferramentas que hai na web podemos atopar, por exemplo: a creación de dados, crucigramas con imaxes, sopas de letras, tarxetas para bingo, fichas de dominó, de vocabulario, etc.
A paxina é moi facil de empregar xa que non require rexistro, co cal é adecuada para realizar os nosos propios materiales.
Hoxe quero ensinarvos unha nova aplicación que espero que vos axude moito. Wordle é unha aplicación online gratuita que nos permite crear nubes de palabras, é decir, a respresentación dunha imaxe das palabras dun texto. Na imaxe dansella máis importancia ás palabras que aparecen con máis frecuencia no texto orixinal. Este é un exemplo de nube de palabras:
Hoxe veño a ensinarvos unha nova aplicación que vos servirá de gran axuda para facer cuestionarios multimedia; o mellor de esta aplicación é que no temos a necesidade de instalala para levala a cabo.
Os cuestionarios quedan aislados dentro da aplicación e podemos compartilos tanto nun blog ou en calquer rede social como pode ser: twitter, facebook ou incluso o email.
Ademáis as cuestións poden estar acompañadas de imaxes, videos ou incluso links.
Espero que vos guste e que vos sirva de axuda xa que é unha aplicación moi facil de empregar.
Hoxe vamos engadir ós nosos recursos, un novo moi interesante e innovador, que é unha Caza do Tesouro.
Unha “Caza do Tesouro” é unha das estructuras de actividade didáctica máis populares entre os docentes que utilizan a Internet nas súas clases. Consiste en plantexar unha serie de cuestións e proporcionar un listado de direccións da Internet nas que os alumnos buscarán as respostas. Ademáis, hai unha gran cuestión, cuxa resposta non está explicada nos enlaces senón que é necesario integrar e xuntar o aprendido para responder correctamente a ela... Como ventaxas desta actividade, esta a mellora da comprensión lectora dos alumnos, e o desarrollo da capacidade de buscar en Internet, e sacar o máis importante.
Fai uns días publicábamos unhas entradas onde explicábamos as diferenzas entre distintas actividades audiovisuais, como o videotutorial, o videoquiz ou o cómic. Na entrada de hoxe, presentámosvos o noso cómic, do que xa os falamos un pouco anteriormente, que ten por título Un despiste no Facebook. Esta historieta que vós presentamos, pasou por multitude de programas de creación de cómics, pero ningun convencianos, ata que acadamos co programa Pixton, e non dubidamos na súa elección.
Alex, é un rapaz de 17 anos que estudia 1º Bacharelato, e esta rexistrado en todas as redes sociais: Twitter, Instagram, Facebook.... pero anda máis activo nesta última. Debido a unha mala configuración da súa privacidade, unha mentira é descuberta, varios descoñecidos cotillean o perfil do noso protagonista e este sufre unha suplantación da súa identidade... Misterioso... ¿verdade?
Animaros a leelo e planteáde, se se vós ocurren, outros finais para a nosa historia !!
Esperamos que vos guste!
Nas tarefas de hoxe atopábase elexir unha actividade audiovisual. Podíamos escoller entre: videoquiz, videotutorial e cómic, entre moitas outras.
Antes de decirvos cal foi a nosa decisión, vouvos falar un pouco do videoquiz.
Esta actividade transforma un video de elemento expositivo interactivo e didáctico. Neste, engadimos numerosos videos que podemos extraer de Youtube, ou ben poden ser de colecta propia. Feito isto, o videoquiz permite incluír preguntas durante esta actividade, de tal maneira que o nivel de atención dos espectadores será maior ao ter unha "avaliación" .
A pesar de que todas eran unhas propostas moi interesantes decidimos decantarnos polo cómic xa que é un medio audiovisual utilizado na educación en todas as épocas anteriores e mediante o cal, achegámonos dunha maneira divertida aos nosos alumnos.
O noso cómic vaise centrar na historia dun rapaz que sufre unha serie de problemas por non configurar correctamente a privacidade das súas redes sociais. Espero que vos guste!
En entradas anteriores do blog, vos proporcionamos algúns recursos interesantes para traballar a protección de datos e seguridade na rede.
Hoxe, vamos facer unha pequena reflexión sobre esa búsqueda. Buscamos os recursos que nos interesaban con palabras clave como por exemplo : xogos sobre a protección de datos e a seguridade na rede ou no caso dos videos no buscador de Youtube : Protección de datos / Seguridade na rede.
O seguinte paso, foi revisar a fonte da que proviña o recurso e finalmente, traballalo para saber como expoñelo no blog.
Os recursos abarcan maioritariamente vídeos extraídos de Youtube, e os máis numerosos son do usuario Pantallas Amigas. O bo dos videos é que é unha maneira fácil e entretenida de que os rapaces e rapazas manteñan a súa atención nel, aprendendo cousas para a súa vida cotiá.
Pero tamén localizamos varios xogos, o cal é moi interesante porque o aprendizaje é moito máis lúdico que ó ler unha guía.
Para o noso proxecto, estes recursos que seleccionamos proporcionarán distintas perspectivas desde as cales levalo a cabo, e ademais nova información que podemos engadir e utilizar.
Recopilamos todos os recursos localizados e usados no seguinte poster dixital, creado a través de Glogster. Esperamos que vos guste!!
Hoxe imos falar sobre as redes sociais e o mal uso que se fai nelas.
A continuación déixovos unha serie de información en formato vídeo e en formato de imaxes. Grazas a estes arquivos podemos obter unha idea máis clara das redes sociais e do uso dos nosos datos nelas, tamén do perigo que estas supoñen achegándonos ó tema do ciberacoso e ademais déixovos unha serie de consellos para obter unha boa convivencia dentro das redes sociais.
En moitas ocasións ao subscribirnos a unha nova rede social poñemos unha serie de datos innecesarios e que poderían poñer en perigo a nosa seguridade.
A continuación engado unha cartilla ou guía que ten por título Protección de Datos Personales para Niños. Mediante esta podémonos facer una idea das medidas que debemos levar a cabo para gozar dunha seguridade completa.
O uso adecuado das novas tecnoloxías é un tema que actualmente preocupa ós usuarios da rede. A pesar de isto, existen dificultades para encontrar materiais accesibles cos que poder concienciar sobre o uso responsable de internet de modo que moitas persoas non saben como atuar nos diferentes casos que se lles presentan a diario. Enlace
Grazas a este vídeo fáiselles máis fácil ás persoas poder manter unha convivencia responsable e cómoda na rede.
Con frecuencia o ciberacoso entre iguais baséase na ridiculización da vítima, o cal se consegue en numerosas ocasións por medio da suplantación de identidade.
Grazas a este vídeo crease unha conciencia nos xovéns para que estes se cuestionen quen está ó outro lado, especialmente cando a pouca información de privacidade permite coñecer a fondo a vida doutras persoas, os seus hábitos e incluso as súas imaxes, e con isto facilitan a suplantación.
O obxectivo principal deste vídeo é alertar ós rapaces e rapazas de que non acepten a calquera descoñecido nas súas redes sociais, xa que este terá acceso a toda a información que publique no perfil, todas as súas fotos etc, e ademais do ciberacoso pode desencadear outros problemas aínda máis graves.Enlace