Amosando publicacións coa etiqueta Andrea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Andrea. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de maio de 2017

Non é unha despedida, é un ata logo.



Navegantes... chegou o día.

Hoxe temos que despedirnos do noso blog, do noso espazo, de vós. Espero que durante este breve espazo de tempo, todo o noso traballo vós fora de axuda, e que nun futuro lles sirva a outros moitos lectores.

Como ben di o título deste post... isto non é unha despedida, tan só un ata logo.

Quen sabe, se noutro momento, volveremos a este espazo.

Dar as grazas os meus compañeiros do grupo Triple A, pola realización deste gran traballo.

O dito... ata moi moi moi pronto 💓💓💓

mércores, 10 de maio de 2017

¿Nativos dixitais?


"No me molestes mamá. Estoy aprendiendo."

Esta frase, pronunciouna  Marc Prensky o 5 de  Decembro de 2010, nunha entrevista para La 2 mediada a través de Eduard Punset para o programa Redes.

Internet é unha ferramenta que permite ós rapaces e rapazas aprender por si mesmos, que sexan eles quenes aprenden mediante a súa propia experiencia, pero ás veces esta experiencia non é moi positiva.
Basándonos neste artículo, reflexionaremos sobre as redes sociais, os perigos ou riscos destas e  a definición de nativos dixitales.

Durante o desenvolvemento deste blog, comprendimos a importancia das redes sociais na sociedade. Estas inflúen de manera positiva ou negativamente, onde se poden intercambiar ideas e fotos, charla na búsqueda de amigos. Permiten unha nova forma de participar na sociedade, facendo uso das interesantes aplicacións que facilitan as relaciones. 


Marc Prensky(2010), declara que os individuos da sociedade actual "Creen que los peligros son grandes y los beneficios, escasos. Pero en realidad, los beneficios son muchos y los peligros son escasos, reales, pero escasos." E en parte ten razón, hai infinitud de vantaxes e beneficios,  que aínda que intentáramos nomealos todos, sería practicamente imposible. Sen embargo, podemos numerar unha serie de perigos ou riscos os cales son os máis correntes:
                     
                        -Pérdida de intimidade.
                        -Suplantación de identidade.
                        -Adicción ás redes sociais.
                        -Virus ou códigos maliciosos.
                        -Posible mala reputación nun futuro.
                        -Cyberbullying.
                        -Perigo por unha mala configuración da privacidade.
                        -Poner en risco a seguridade.

Estes perigos ou riscos, afectan sobre todos os "novos", os que non teñen experiencia, os que non saben como protexerse correctamente deses perigos. Pero para iso estamos nós, para ensinarvos a como protexervos na rede.


Estes inexpertos, son os que chamamos Nativos Dixitais, pero non son inexpertos por non coñecer as redes sociais, senón por non saber como protexerse, tendo que tomar partido os seus titores legais.
Este termo, acuñouno Marc Prensky ós individuos nacidos a partir dos 90, quenes supostamente xa nacían familiarizados con Internet. Sen embargo, Borja Adsuara Varela, periodista do xornal El País e autor do artículo "¿Existen los nativos digitales?" do 25/01/2017, afirma que é un error considerar a estas xeracións competentes na tecnoloxía por nacer na era desta. Enton... ¿existen os nativos dixitais ou non? ¿Que pensades vós?

Deixo esta pregunta aberta para que vós animedes, e comentedes a vosa opinión nos comentarios deste post.

Ata a próxima!

martes, 9 de maio de 2017

Reflexión sobre os proxectos


  Meus navegantes!!

  Na última sesión da materia de Novas Tecnoloxías, expusemos os proxectos finais que incluían o contido de todo o noso blog, e o resultado foi moi satisfactorio. Foi un traballo interesante que resultou por crearnos un interés maior neste tema. Ademais, traballamos moi cómodos e nun horario máis ou menos axeitado.

Con respecto o resto de proxectos, creo que ó igual que o noso, foron satisfactorios para a nosa profesora, ó igual que para os compoñentes do resto de grupos, posto que todos recibimos aplausos e felicitacións. Cada un foi diferente, pero todos moi completos.

Estou moi contenta, satisfeita e orgullosa do noso traballo.

Besiños para todos.

martes, 2 de maio de 2017

Informe do noso proxecto


Navegantes!!

Nesta entrada adxuntamos o Informe do noso proxecto final, a WebQuest títulada Natecs Na Rede.

Podedes abrilo e consultalo para resolver todas as dúbidas que teñades.

Informe

Vémonos pronto!

Apoio visual para exposición do proxecto


Lectores e lectoras!!

Complementando a actividade anterior, adxuntamos o apoio visual que usaremos para a exposición do noso proxecto o 9 de Maio. Este recurso foi elaborado na plataforma Drive.

Presentación 

Xa sabedes, calquera dúbida... tripleaprimaria@gmail.com

Ata logo!!


martes, 25 de abril de 2017

Webquest: Natecs na rede


Meus Natecs❤

Hoxe é o día. Hoxe adxuntamos nesta entrada a o noso proxecto, o noso recurso, a webquest que abarca todo o contido do noso blog.

Foi realizada con Wix, e a pesar da dificultade desta plataforma,e un pequeno erro ao non visualizarse 2 das fotos da portada, estamos moi contentos co resultado.

Aquí tedes o enlace : WebQuest: Natecs na rede

Esperamos que vós guste, e que a disfrutedes!!
Calquera dúbida tripleaprimaria@gmail.com.

Moitos besos para todos!

Aplicamos o aprendido


    Navegantes!!  ¿Como estades?
   
    Nesta entrada vouvos proporcionar os enlaces das actividades que creei exclusivamente para vós. Espero que as disfrutedes, que vos gusten e que vos animedes a crear vós algunha que outra. Estarei encantada de realizalas!!

    No primeiro enlace, tedes unha actividade que se basa en completar un esquema que ten como título Redes Sociais, realizada mediante Popple ¿Seredes capaces de completela?
Actividade




    Na actividade seguinte debedes resolver os seguintes jeroglíficos, relacionados coa aplicación Generador de Jeroglíficos. Ánimo e non desistades!!



  Esta penúltima actividade consiste en relacionar o termo coa súa definición. Foi realizado con Kubbu. Aclararedes conceptos e aprenderes moitos outros! 5-10 minutos... ¿terminaredes a tempo?

Relaciona

  Finalmente, temos unha actividade para completar un texto mediante a nosa intuinción. ¿Cantos erros cometeres? É sinxelo... razoade!!

Completa o texto



Todas as actividades estan feitas para o voso divertimento, disfrute e aprendizaxe. Na miña opinión son bastantes sinxelas e poden chegar a ser moi útiles para a navegación na Internet.
Recordade, que moitas actividades resolvense correctamente se leedes as nosas entradas diariamente...asi xa sabedes rapaces e rapazas... ¡a xogar!

Ata pronto🙋🙆

martes, 4 de abril de 2017

Fuga de Palabras


       Ola Natecs!!
     
       Hoxe traigovos una ferramenta moi interesante para completar o texto. Está integrada na páxina web OleSur. Consiste nunha Fuga de Palabras, onde hai que completar o texto coas palabras que faltan. Suponse que toda persoa que a realice debe estar familiarizado co tema traballado.

        A imaxe que aparece a continuación, sería o paso previo de toda actividade, é dicir, a creación dela. A plataforma encontrase en castelán e non ten dificultade ningunha para o seu uso.


         Sen embargo, está que vos proporciono a continuación é a actividade xa finalizada, e lista para realizarse.


         Bueno amigos, espero que vós gustará esta ferramenta e que indaguedes nela ata que subamos a actividade. É moi fácil de utilizar e ademais moi práctico para comprobar o aprendido.

        ¡¡Ata a vista piratillas!!

GenMagic


          Benvidos nativos!

          Hoxe traigovós unha nova ferramenta, muy útil e eficiente para facer dun contenido complexo algo moito máis sinxelo!!

          Esta ferramenta recibe o nome de Generador de Geroglíficos , e está especializada en crear geroglíficos.


          En referencia a súa forma de uso, é moi fácil de usar,posto que tan sólo tes que incluír as palabras que logo queres que sean descifradas.

          Como posible desventaxa, temos que tan só se poden facer jeroglíficos de 10 palabras, presentan unha gran dificultad e é moi limitado.
                              Ademais, non se gardan os jeroglíficos realizados, polo que se queres gardalos tes que realizar unha captura de pantalla.

            Esta foi unha das aplicacións ou ferramentas que utilicei para realizar unha das 4 actividades que teño que facer. Por iso, podo dicir dende a miña experiencia, que recomendovola para cada vez que necesitedes organizar contenido ou ideas. E por suposto, á hora de estudar.

            A próxima semana máis e mellor!

martes, 21 de marzo de 2017

Kubbu


      Meus navegantes 💓

      Benvidos ó noso blog!
   
      A semana pasada proporcioneivos unha pequena reseña que falaba sobre a plataforma Pixton , para crear historietas, cómics... para potenciar a nosa creatividade e orixinalidade!!

      Esta semana veño traervos unha nova ferramenta. Chámase Kubbu, e aínda que a súa base está en inglés, é moi sinxela para a creación de actividades.

      Aquí debaixo tedes un exemplo de actividad que consiste no xogo do Domino para relacionar.





      Nesta plataforma podemos crear multitude de actividades: crucigramas, cuestionarios, ejercicios de relacionar, de clasificar con diferentes plantillas posibles ... O bo deste programa é que é totalmente gratuíto, e personalizable, poidendo realizalas actividades en papel ou online.

      Podo falarvos baixo a miña experiencia, posto que creei unha de esas actividades con esta ferramenta. É unha ferramenta útil, práctica, divertida e moi moi orixinal.

      Poderedes disfrutar da miña creación dentro de unhas semanas neste mesmo blog!
      Aguantade💪

   
   
   

martes, 14 de marzo de 2017

Popplet


        Boas outra vez!
        Hoxe estamos visitando dunha manera abusiva o noso espazo  para proporcionarvos sempre os mellores recursos e as actividades máis divertidas.
     
        Hoxe veño falarvos un pouco de Popplet, unha aplicación para facer mapas conceptuais dunha maneira dinámica e tecnolóxica. Ademais, coa información que vós proporcionarei vades poderlle dar un para un bo uso.

    
       Popplet,é unha ferramenta e unha aplicación que se encontra dispoñible na Internet e en AppStore e PlayStore. Esta aplicación, permite estructurar e organizar as súas ideas en mapas mentais, conceptuais, tablóns, murais, galerías, etc. Ofrecese a posibilidade de facelo de forma individual ou colaborando con outras persoas.
       É unha aplicación moi sinxela e moi intuitiva, posto que a pesar de que este no idioma ingles, esta perfectamente orientada e guiada.

        Antes de comenzar, débedes rexistraros cun nome de usuario e unha contrasinal que usaredes cada vez que querades entrar.
        Unha vez feito estes pasos, o seguinte é empezar a crear a nosa creación.  Podes personalizar os cadrados, o tamaño da letra,etc...

        Por tanto, como podedes ver, baixo o meu punto de vista, esta é unha ferramenta TIC moi interesante e fácil de utilizar posto que podemos crear mapas conceptuais,murais, e un inmenso banco de posibilidades, dunha maneira moi sinxela. Pódese aplicar a numerosas actividades que fomenten a creatividade, a habilidade comunicativa, desenrolar un bo lenguaxe léxico e o máis importante, a construcción do seu propio coñecemento.

        Asi que.. non dubidedes en probala!



¿Cazamos?


          Benvidos un día máis o noso blog.


          Hoxe vamos engadir ós nosos recursos, un novo moi interesante e innovador, que é unha Caza do Tesouro. 
          Unha “Caza do Tesouro” é unha das estructuras de actividade didáctica máis populares entre os docentes que utilizan a Internet nas súas clases. Consiste en plantexar unha serie de cuestións e proporcionar un listado de direccións da Internet nas que os alumnos buscarán as respostas. Ademáis, hai unha gran cuestión, cuxa resposta non está explicada nos enlaces senón que é necesario integrar e xuntar o aprendido para responder correctamente a ela... Como ventaxas desta actividade, esta a mellora da comprensión lectora dos alumnos, e o desarrollo da capacidade de buscar en Internet, e sacar o máis importante.
          
         A nosa chámase "Caza tecnolóxica e dixital", e podedes vela a continuación.

                                             

                                             

         Disfrutade de ela e se queres, contádenos o que vos pareceu comentando aquí embaixo.

         Ata a próxima navegantes!!

martes, 7 de marzo de 2017

EducaPlay = EducaJuega


       Navegantes!!
       Hoxe estou aquí de volta para presentarvos unha ferramenta moi interesante como é EducaPlay.
       Esta plataforma, é un proxecto desenrolado por ADRFormación, para a creación de actividades interactivas de calquera materia, que quedan colgadas na rede , potenciando así o proceso de aprendizaxe-enseñanza mediante as TIC.
     
        Neste caso, realicei un videoquiz sobre o tema que abarcamos neste blog: A seguridade e a protección de datos. 

        Disfrutade de esta nova forma de educación!!

       Videoquiz sobre a seguridade e a protección de datos na rede

        Vémonos na próxima entrada! Feliz noite lectores 💓

luns, 27 de febreiro de 2017

Un despiste no Facebook

Boas noites navegantes!!

Fai uns días publicábamos unhas entradas onde explicábamos as diferenzas entre distintas actividades audiovisuais, como o videotutorial, o videoquiz ou o cómic. Na entrada de hoxe, presentámosvos o noso cómic, do que xa os falamos un pouco anteriormente, que ten por título Un despiste no Facebook. Esta historieta que vós presentamos, pasou por multitude de programas de creación de cómics, pero ningun convencianos, ata que acadamos co programa Pixton, e non dubidamos na súa elección.

Alex, é un rapaz de 17 anos que estudia 1º Bacharelato, e esta rexistrado en todas as redes sociais: Twitter, Instagram, Facebook.... pero anda máis activo nesta última. Debido a unha mala configuración da súa privacidade, unha mentira é descuberta, varios descoñecidos cotillean o perfil do noso protagonista e este sufre unha suplantación da súa identidade... Misterioso... ¿verdade?

Animaros a leelo e planteáde, se se vós ocurren, outros finais para a nosa historia !!
Esperamos que vos guste!

 Ata a próxima navegantes!


martes, 21 de febreiro de 2017

O cómic


Ola de novo navegantes!

Hoxe vouvos falar do futuro recurso que subiremos ao noso blog para que podades disfrutar del.

Nas entradas anteriores proporcionámosvos algunhos recursos TIC e recursos para a aula,deixando un pouco de lado as actividades audiovisuais.
As actividades audiovisuais nas aulas de Primaria son esenciais, xa que facilitan o aprendizaxe e a adquisición de coñecementos.

Barallamos diversas opcións, como por exemplo, un videoquiz ou un video tutorial.
O videoquiz é unha proposta moi interesante, na que se plantea unha especie de xogo ou test, que é resolto a medida que avanza o video. O videotutorial é unha proposta moi boa, no caso en que explicáramos como facer algo.No noso caso,podíase aplicar a configuración correcta da privacidade nas redes sociais, cun vídeo duns poucos minutos.

Pero sen embargo, decantámonos por un comic, xa que é unha maneira moito máis cercana de achegarnos aos nenos. Nela mostrarase a historia dun neno que ,debido a mala configuración da súa privacidade , sufrirá unha serie de consecuencias. A finalidade, é que os nenos e nenas saquen unha conclusión e aprendan a facer un uso correcto das redes sociais.

Ata a vista!

mércores, 15 de febreiro de 2017

Reflexión sobre a busca de recursos


    Boas navegantes!

    En entradas anteriores do blog, vos proporcionamos algúns recursos interesantes para traballar a protección de datos e seguridade na rede.

    Hoxe, vamos facer unha pequena reflexión sobre esa búsqueda. Buscamos os recursos que nos interesaban con palabras clave como por exemplo : xogos sobre a protección de datos e a seguridade na rede ou no caso dos videos no buscador de Youtube : Protección de datos / Seguridade na rede. 
O seguinte paso, foi revisar a fonte da que proviña o recurso e finalmente, traballalo para saber como expoñelo no blog.
    Os recursos abarcan maioritariamente vídeos extraídos de Youtube, e os máis numerosos son do usuario Pantallas Amigas. O bo dos videos é que é unha maneira fácil e entretenida de que os rapaces e rapazas manteñan a súa atención nel, aprendendo cousas para a súa vida cotiá.
    Pero tamén localizamos varios xogos, o cal é moi interesante porque o aprendizaje é moito máis lúdico que ó ler unha guía.

    Para o noso proxecto, estes recursos que seleccionamos proporcionarán distintas perspectivas desde as cales levalo a cabo, e ademais nova información que podemos engadir e utilizar.

    Recopilamos todos os recursos localizados e usados no seguinte poster dixital, creado a través de Glogster. Esperamos que vos guste!!

      Póster dixital


    Vémonos pronto!
   

martes, 14 de febreiro de 2017

Infancia e tecnoloxía

    Ola cibernéticos!
    Fai uns días proporcionaravos una web denominada Tú Decides en Internet onde poderiades encontrar todo tipo de materiais.

    Hoxe, para complementar esa web, traigovos outra chamada Infancia y tecnología. 




     Nesta, non só abarca o tema da Internet, senón tamén temas como o teléfono móbil e os videoxogos
     Por iso, considero, que é unha boa web complementaria, posto que abarca todos os riscos que poden ter todas as tecnoloxías xa mencionadas se son usadas de maneira incorrecta.
     Prestan guías didácticas e uns vídeos de animación especializado en cada un dos temas, adaptado para os máis pequenos.

     Seguide navegando... pero sempre seguros!

domingo, 12 de febreiro de 2017

Xoguemos


    Benvidos un día máis ao noso blog.

    Anteriormente, os recursos proporcionados foron clasificados como recursos meramente TIC, polo tanto nesta entrada, proporcionarei recursos aptos para a súa utilización na aula ou na casa. Estes recursos estan destinados principalmente a pais, nais ou profesores para que lles den uso nas casas ou nas aulas, afectando os nenos de maneira indirecta.

  • O primeiro xogo,consiste primeiro na posible visualización dun vídeo, aínda que podemos prescindir del en caso de que controlemos o suficiente sobre o ciberacoso escolar. O paso seguinte consiste en comprobar que o neno ou a nena coñeza completamente o significado do termo, e polo tanto poda realizar xa a propia actividade. Esta consiste na creación dunha historia dun neno ou nena que sufra ciberacoso escolar. Pódese realizar en calquera tipo de formato: relato, cómic, mural ...                                                                                                      

 


  • Este segundo xogo tratará sobre o ciberbullying. O primeiro aspecto a tratar é explicarlle o neno ou nena que é, e asegurarnos de que o entenda á perfección. Tras este paso, podemos ver un vídeo para aclararlle máis as ideas dunha maneira máis lúdica, aínda que podemos prescindir del. Finalmente, realizarase a actividade. Neste caso, o neno ou nena terá que crear una obra de teatro, facer una representación teatral onde simule unha situación de ciberbullying.


 

      Ámbolos dous xogos son recursos sacados da Guía clínica sobre el ciberacoso para profesionales de la salud, a cal foi impulsada por unha fusión composta polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Red.es, a Sociedade Española de Medicina do Adolescente (SEMA) e máis o Hospital Universitario La Paz.
Esta guía pode ser descargada na páxina web de Chavales en la Red.
                                                           
                                                                    Ficha del recurso

      Esta pode ser unha boa maneira de afianzar e concienciar os nenos e as nenas, e ademáis, indirectamente, fomenta a creatividade e a imaxinación dos nenos. Podemos destacar tamén que de algunha maneira, analizamos como evoluciona a mente dos nenos á hora de vivir circunstancias difíciles.

     Ata a próxima! 

venres, 10 de febreiro de 2017

Aprendemos xogando


        Ola navegantes!

        Como xa sabedes, a mellor maneira de que os nenos e as nenas aprendan, é xogando. Por iso, nesta entrada propoño unha páxina denominada  Tú Decides En Internet . Nela encontramos multitude de recursos divididos en apartados según quen sexa o receptor. Hai xogos, tests, videos , historias e advertencias para a navegación na rede. Ademais, encontramos fichas didácticas, guías para os pais e profesores e máis un apartado "Para saber máis".  
                                                              
                                                                   Ficha del recurso


       Disfrutade moito desta web e a xogar!

mércores, 8 de febreiro de 2017

Día da Internet Segura


     Benvidos queridos navegantes! 

     Hoxe, día 7 de Febreiro de 2017, é o día internacional da Internet Segura.
     Cada ano, no mes de Febreiro, celébrase este acontecemento promovido por a Comisión Europea e organizado pola Rede Europea por unha Internet Segura (INSAFE). O obxectivo é promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, sobre todo en menores e xóvenes.                O seu nacemento xorde a través do programa de Internet Seguro creado pola Comisión Europea no ano 1999, propiciando unha maior seguridade na utilización da internet mediante a loita contra os contidos ilícitos e nocivos nas redes mundiales. 
    
     Para celebrar este día, propóñovos este video-documental sobre 10 Recomendaciones para o Uso Seguro de Internet e as Redes Sociais, adaptado para os máis e as máis pequenas dos fogares. Este recurso foi publicado e subido a rede en Youtube por Pantallas Amigas , mesmo usuario ao que se lle atribuie a creación e produción do video.


       Considero que é unha boa forma de celebrar e fomentar un bo uso da Internet. Este documental pódese complementar con xogos, ou fichas didácticas para aplicar o mencionado no vídeo.