martes, 14 de marzo de 2017

Popplet


        Boas outra vez!
        Hoxe estamos visitando dunha manera abusiva o noso espazo  para proporcionarvos sempre os mellores recursos e as actividades máis divertidas.
     
        Hoxe veño falarvos un pouco de Popplet, unha aplicación para facer mapas conceptuais dunha maneira dinámica e tecnolóxica. Ademais, coa información que vós proporcionarei vades poderlle dar un para un bo uso.

    
       Popplet,é unha ferramenta e unha aplicación que se encontra dispoñible na Internet e en AppStore e PlayStore. Esta aplicación, permite estructurar e organizar as súas ideas en mapas mentais, conceptuais, tablóns, murais, galerías, etc. Ofrecese a posibilidade de facelo de forma individual ou colaborando con outras persoas.
       É unha aplicación moi sinxela e moi intuitiva, posto que a pesar de que este no idioma ingles, esta perfectamente orientada e guiada.

        Antes de comenzar, débedes rexistraros cun nome de usuario e unha contrasinal que usaredes cada vez que querades entrar.
        Unha vez feito estes pasos, o seguinte é empezar a crear a nosa creación.  Podes personalizar os cadrados, o tamaño da letra,etc...

        Por tanto, como podedes ver, baixo o meu punto de vista, esta é unha ferramenta TIC moi interesante e fácil de utilizar posto que podemos crear mapas conceptuais,murais, e un inmenso banco de posibilidades, dunha maneira moi sinxela. Pódese aplicar a numerosas actividades que fomenten a creatividade, a habilidade comunicativa, desenrolar un bo lenguaxe léxico e o máis importante, a construcción do seu propio coñecemento.

        Asi que.. non dubidedes en probala!



Ningún comentario:

Publicar un comentario