Hoxe imos falar sobre as redes sociais e o mal uso que se fai nelas.
A continuación déixovos unha serie de información en formato vídeo e en formato de imaxes. Grazas a estes arquivos podemos obter unha idea máis clara das redes sociais e do uso dos nosos datos nelas, tamén do perigo que estas supoñen achegándonos ó tema do ciberacoso e ademais déixovos unha serie de consellos para obter unha boa convivencia dentro das redes sociais.
En moitas ocasións ao subscribirnos a unha nova rede social poñemos unha serie de datos innecesarios e que poderían poñer en perigo a nosa seguridade.
A continuación engado unha cartilla ou guía que ten por título Protección de Datos Personales para Niños. Mediante esta podémonos facer una idea das medidas que debemos levar a cabo para gozar dunha seguridade completa.
Ficha del recurso
O uso adecuado das novas tecnoloxías é un tema que actualmente preocupa ós usuarios da rede. A pesar de isto, existen dificultades para encontrar materiais accesibles cos que poder concienciar sobre o uso responsable de internet de modo que moitas persoas non saben como atuar nos diferentes casos que se lles presentan a diario. Enlace
Grazas a este vídeo fáiselles máis fácil ás persoas poder manter unha convivencia responsable e cómoda na rede.
Con frecuencia o ciberacoso entre iguais baséase na ridiculización da vítima, o cal se consegue en numerosas ocasións por medio da suplantación de identidade.
Ficha del recurso
Grazas a este vídeo crease unha conciencia nos xovéns para que estes se cuestionen quen está ó outro lado, especialmente cando a pouca información de privacidade permite coñecer a fondo a vida doutras persoas, os seus hábitos e incluso as súas imaxes, e con isto facilitan a suplantación.
O obxectivo principal deste vídeo é alertar ós rapaces e rapazas de que non acepten a calquera descoñecido nas súas redes sociais, xa que este terá acceso a toda a información que publique no perfil, todas as súas fotos etc, e ademais do ciberacoso pode desencadear outros problemas aínda máis graves.Enlace
Ata a próxima!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario