mércores, 1 de febreiro de 2017

Medos, esperanzas e mais


    Benvidos a outra entrada do blog Natecs.

    Eu son Antón, un dos compoñentes de Triple A.


    Esta entrada tratará as nosas expectativas sobre a materia e a esperanza que temos de que sexa útil para a nosa e a vosa formación.Tamén trataremos os nosos temores e medos sobre esta, tanto a fracasar como a non aprender o suficiente. 

    A miña esperanza sobre a materia, é a boa utilización das novas tecnoloxías na aula, aprender a manexar aplicacións para a súa utilización nas aula. De esta maneira lograremos desenvolver a nosa función pedagóxica dunha forma máis óptima, que non sería posible sen este apoio tecnolóxico.






    O medo que temos como estudiantes da materia de novas tecnoloxias é que a evolución da tecnoloxía sea tan rápida que sexamos sobrepasados e anulados neste ámbito. Temos medo a fracasar e non ser capaces de aprender o suficiente debido o dito nun primeiro momento : a continua evolución da tecnoloxía.



    Un saudo.

         B.Antón Carro Aira

Ningún comentario:

Publicar un comentario