martes, 28 de marzo de 2017

Memorize

Boas Tardes Navegantes!!

Hoxe quero falarvos dunha aplicación revolucionaria que se chama Memorize, esta consiste en convertir os números en palabras, con ela tamén podemos crear tablas de memorizaciónque poderemos visualizalas ou ben ocultalas, que posteriormente se irán visualizando conforme nos apeteza, Ademáis sirvenos para desordear os contenidos das columnas para logo intentar relacionalos.

Espero que vosa guste e os sexa de axuda!! Un saúdo e ata a próxima.

Memorize


martes, 21 de marzo de 2017

Wordle

Bos días lectores!

Hoxe quero ensinarvos unha nova aplicación que espero que vos axude moito.

Wordle é unha aplicación online gratuita que nos permite crear nubes de palabras, é decir, a respresentación dunha imaxe das palabras dun texto. Na imaxe dansella máis importancia ás palabras que aparecen con máis frecuencia no texto orixinal.

Este é un exemplo de nube de palabras:



Kubbu


      Meus navegantes 💓

      Benvidos ó noso blog!
   
      A semana pasada proporcioneivos unha pequena reseña que falaba sobre a plataforma Pixton , para crear historietas, cómics... para potenciar a nosa creatividade e orixinalidade!!

      Esta semana veño traervos unha nova ferramenta. Chámase Kubbu, e aínda que a súa base está en inglés, é moi sinxela para a creación de actividades.

      Aquí debaixo tedes un exemplo de actividad que consiste no xogo do Domino para relacionar.





      Nesta plataforma podemos crear multitude de actividades: crucigramas, cuestionarios, ejercicios de relacionar, de clasificar con diferentes plantillas posibles ... O bo deste programa é que é totalmente gratuíto, e personalizable, poidendo realizalas actividades en papel ou online.

      Podo falarvos baixo a miña experiencia, posto que creei unha de esas actividades con esta ferramenta. É unha ferramenta útil, práctica, divertida e moi moi orixinal.

      Poderedes disfrutar da miña creación dentro de unhas semanas neste mesmo blog!
      Aguantade💪

   
   
   

Educaplay

Boas a todos, corsarios e corsarias da rede !


Estamos aqui para falar do portal educativo educaplay. Neste portal encontraremos unha chea de posibilidades para a creación de moitísimas actividades didácticas que se poden aplicar nas aulas ou no tempo de lecer dos alumnos.


O portal ofrece moitas maneiras para poder modificar a noso gusto os traballos, non tanto como aplicacións anteriormente mencionadas no blog, pero tamén deixa unha gran libertade ao autor/autora do traballo.

Tamén dicir que non me agradou demasiado a idea dun formato premiun, que da mais opción de modificar os exerciciós.

Punto a favor do portal educativo, é o listado de organización dos cursos do sistema educativo de diferentes paises.

Dito esto a creación das actividades é moi intuitiva cunha interfaz moi decorada e de fácil utilización cousa que é de agradecer.

martes, 14 de marzo de 2017

Popplet


        Boas outra vez!
        Hoxe estamos visitando dunha manera abusiva o noso espazo  para proporcionarvos sempre os mellores recursos e as actividades máis divertidas.
     
        Hoxe veño falarvos un pouco de Popplet, unha aplicación para facer mapas conceptuais dunha maneira dinámica e tecnolóxica. Ademais, coa información que vós proporcionarei vades poderlle dar un para un bo uso.

    
       Popplet,é unha ferramenta e unha aplicación que se encontra dispoñible na Internet e en AppStore e PlayStore. Esta aplicación, permite estructurar e organizar as súas ideas en mapas mentais, conceptuais, tablóns, murais, galerías, etc. Ofrecese a posibilidade de facelo de forma individual ou colaborando con outras persoas.
       É unha aplicación moi sinxela e moi intuitiva, posto que a pesar de que este no idioma ingles, esta perfectamente orientada e guiada.

        Antes de comenzar, débedes rexistraros cun nome de usuario e unha contrasinal que usaredes cada vez que querades entrar.
        Unha vez feito estes pasos, o seguinte é empezar a crear a nosa creación.  Podes personalizar os cadrados, o tamaño da letra,etc...

        Por tanto, como podedes ver, baixo o meu punto de vista, esta é unha ferramenta TIC moi interesante e fácil de utilizar posto que podemos crear mapas conceptuais,murais, e un inmenso banco de posibilidades, dunha maneira moi sinxela. Pódese aplicar a numerosas actividades que fomenten a creatividade, a habilidade comunicativa, desenrolar un bo lenguaxe léxico e o máis importante, a construcción do seu propio coñecemento.

        Asi que.. non dubidedes en probala!



JClip Autor

         Boas navegantes !

         Hoxe veño a falar do programa JClip Autor, un programa onde podedes crear unha chea de actividades interactivas, como moitos tipos de puzzle, xogos de memoria, sopas de letras...

         Estiven uns días trasteando con ela, e a verdade é que o máis difícil, é a súa instalación, xa que se nos posues a última versión de "Java", oblígache a descargala. Polo demais, ten unha interfaz moi simple e intuitiva.

         Despois de realizar a actividade dunha forma totalmente personalizada, decides ti  o nivel de dificultade que queres establecer. Posteriormente, podes ver o funcionamiento da túa creación na propia aplicación.

         En conclusión é unha aplicación moi útil, de uso moi fácil, e 100% recomendable.



Hot Potatoes

Hola boas tardes amigos/as de Natecs na rede.

Hoxe queremosvos falar de Hot Potatoes, unha ferramenta de autor a cal consta de varios progrmas, os cales nos servirán para crear unha serie de exercicios que a sua vez poderán ser publicados  nun servidor web,e así poder difundilos a tráves de internet.


















Son exercicios sinxelos, e polo xeral faciles de resolver, é un programa como e fácil de utilizar, de maneira que esta dispoñible para o uso de calquera persoa, xa manexe internet dunha manira complexa ou non.


Agardo  que ó probedes axiña.



Quiz Revolution

Boas tardes lectores!

Hoxe veño a ensinarvos unha nova aplicación que vos servirá de gran axuda para facer cuestionarios multimedia; o mellor de esta aplicación é que no temos a necesidade de instalala para levala a cabo.

Os cuestionarios quedan aislados dentro da aplicación e podemos compartilos tanto nun blog ou en calquer rede social como pode ser: twitter, facebook ou incluso o email.
Ademáis as cuestións poden estar acompañadas de imaxes, videos ou incluso links.






Espero que vos guste e que vos sirva de axuda xa que é unha aplicación moi facil de empregar.

¡Un saúdo!

¿Cazamos?


          Benvidos un día máis o noso blog.


          Hoxe vamos engadir ós nosos recursos, un novo moi interesante e innovador, que é unha Caza do Tesouro. 
          Unha “Caza do Tesouro” é unha das estructuras de actividade didáctica máis populares entre os docentes que utilizan a Internet nas súas clases. Consiste en plantexar unha serie de cuestións e proporcionar un listado de direccións da Internet nas que os alumnos buscarán as respostas. Ademáis, hai unha gran cuestión, cuxa resposta non está explicada nos enlaces senón que é necesario integrar e xuntar o aprendido para responder correctamente a ela... Como ventaxas desta actividade, esta a mellora da comprensión lectora dos alumnos, e o desarrollo da capacidade de buscar en Internet, e sacar o máis importante.
          
         A nosa chámase "Caza tecnolóxica e dixital", e podedes vela a continuación.

                                             

                                             

         Disfrutade de ela e se queres, contádenos o que vos pareceu comentando aquí embaixo.

         Ata a próxima navegantes!!

martes, 7 de marzo de 2017

EducaPlay = EducaJuega


       Navegantes!!
       Hoxe estou aquí de volta para presentarvos unha ferramenta moi interesante como é EducaPlay.
       Esta plataforma, é un proxecto desenrolado por ADRFormación, para a creación de actividades interactivas de calquera materia, que quedan colgadas na rede , potenciando así o proceso de aprendizaxe-enseñanza mediante as TIC.
     
        Neste caso, realicei un videoquiz sobre o tema que abarcamos neste blog: A seguridade e a protección de datos. 

        Disfrutade de esta nova forma de educación!!

       Videoquiz sobre a seguridade e a protección de datos na rede

        Vémonos na próxima entrada! Feliz noite lectores 💓