venres, 12 de maio de 2017

Grazas por todo!!

Boas amigos/as!!

Hoxe é o día no que temporalmente, damos por rematado o noso blog. E so podemos agradecervos a vosa colaboración, e o voso interese a hora de consultarnos, xa que sen vos realmente todo o traballo non houberá servido para nada!!
Unha vez máis queremos darvos as grazas pola vosa fidelidade e entrega!!

Espero que iste blog os servise de axuda en máis de unha ocasión, que vos mostrase información util, e que esa información poida ser levada por vos a outras persoas para asi rematar cos problemas de seguridade que hoxe en dia son tan comúns!

Un saúdo é ata pronto amigos/as



Ata pronto lectores!

Ola lectores/as!

Hoxe é o último día que me poño en contacto con vós, e neste caso é para despedirme.

Espero que vos serviran de moita axuda as nosas publicacións e tamén espero que as puxerades en práctica con gran éxito.

Animobos a seguir investigando máis sobre os perigos das redes sociales e os avances das novas tecnoloxías. Espero volver a escribirvos algún outro día.

Un saúdo e un abrazo moi forte!!





Aburiño !

Boas a todos corsarios e corsarias da rede !

Esto xa terminou, so quería decirvos que foi un pracer facer este traballo onde aprendimos unha chea de cousas. Espero que os lectores deste blog aprendéran como utilizar a rede dunha forma segura.

Agradecer aos meus compañeiros que publican neste blog conmigo, por aceptarme no grupo. É un pracer traballar con Andrea, Alex e Ana.

Finalmente dádenos sorte nos exames finais !!

Aburiño !!!!!!!


Non é unha despedida, é un ata logo.



Navegantes... chegou o día.

Hoxe temos que despedirnos do noso blog, do noso espazo, de vós. Espero que durante este breve espazo de tempo, todo o noso traballo vós fora de axuda, e que nun futuro lles sirva a outros moitos lectores.

Como ben di o título deste post... isto non é unha despedida, tan só un ata logo.

Quen sabe, se noutro momento, volveremos a este espazo.

Dar as grazas os meus compañeiros do grupo Triple A, pola realización deste gran traballo.

O dito... ata moi moi moi pronto 💓💓💓

mércores, 10 de maio de 2017

¿Nativos dixitais?


"No me molestes mamá. Estoy aprendiendo."

Esta frase, pronunciouna  Marc Prensky o 5 de  Decembro de 2010, nunha entrevista para La 2 mediada a través de Eduard Punset para o programa Redes.

Internet é unha ferramenta que permite ós rapaces e rapazas aprender por si mesmos, que sexan eles quenes aprenden mediante a súa propia experiencia, pero ás veces esta experiencia non é moi positiva.
Basándonos neste artículo, reflexionaremos sobre as redes sociais, os perigos ou riscos destas e  a definición de nativos dixitales.

Durante o desenvolvemento deste blog, comprendimos a importancia das redes sociais na sociedade. Estas inflúen de manera positiva ou negativamente, onde se poden intercambiar ideas e fotos, charla na búsqueda de amigos. Permiten unha nova forma de participar na sociedade, facendo uso das interesantes aplicacións que facilitan as relaciones. 


Marc Prensky(2010), declara que os individuos da sociedade actual "Creen que los peligros son grandes y los beneficios, escasos. Pero en realidad, los beneficios son muchos y los peligros son escasos, reales, pero escasos." E en parte ten razón, hai infinitud de vantaxes e beneficios,  que aínda que intentáramos nomealos todos, sería practicamente imposible. Sen embargo, podemos numerar unha serie de perigos ou riscos os cales son os máis correntes:
                     
                        -Pérdida de intimidade.
                        -Suplantación de identidade.
                        -Adicción ás redes sociais.
                        -Virus ou códigos maliciosos.
                        -Posible mala reputación nun futuro.
                        -Cyberbullying.
                        -Perigo por unha mala configuración da privacidade.
                        -Poner en risco a seguridade.

Estes perigos ou riscos, afectan sobre todos os "novos", os que non teñen experiencia, os que non saben como protexerse correctamente deses perigos. Pero para iso estamos nós, para ensinarvos a como protexervos na rede.


Estes inexpertos, son os que chamamos Nativos Dixitais, pero non son inexpertos por non coñecer as redes sociais, senón por non saber como protexerse, tendo que tomar partido os seus titores legais.
Este termo, acuñouno Marc Prensky ós individuos nacidos a partir dos 90, quenes supostamente xa nacían familiarizados con Internet. Sen embargo, Borja Adsuara Varela, periodista do xornal El País e autor do artículo "¿Existen los nativos digitales?" do 25/01/2017, afirma que é un error considerar a estas xeracións competentes na tecnoloxía por nacer na era desta. Enton... ¿existen os nativos dixitais ou non? ¿Que pensades vós?

Deixo esta pregunta aberta para que vós animedes, e comentedes a vosa opinión nos comentarios deste post.

Ata a próxima!

martes, 9 de maio de 2017

Reflexión sobre os proxectos


Ola!!

 Nesta entrada vou realizar unha pequena reflexión sobre a exposición dos proxectos.
Considero que o noso traballo final foi exposto dunha boa maneira, o que ocasionou unha perfecta comprensión grazas a estructuración que levamos a cabo.
Ademais, foi o resultado dun gran esforzo e interés na materia, ao igual que no tema elixido.

Respecto o resto de proxectos, cada un foi totalmente distinto ó outro, destacando nunhas cousas ou noutras. Personalmente, gustáronme todos moitos, posto que aprendín de cada un, unha cousa nova.

Un saúdo, e felicitacións a todos os meus compañeiros polo seu traballo!!

Reflexión sobre os proxectos


  Meus navegantes!!

  Na última sesión da materia de Novas Tecnoloxías, expusemos os proxectos finais que incluían o contido de todo o noso blog, e o resultado foi moi satisfactorio. Foi un traballo interesante que resultou por crearnos un interés maior neste tema. Ademais, traballamos moi cómodos e nun horario máis ou menos axeitado.

Con respecto o resto de proxectos, creo que ó igual que o noso, foron satisfactorios para a nosa profesora, ó igual que para os compoñentes do resto de grupos, posto que todos recibimos aplausos e felicitacións. Cada un foi diferente, pero todos moi completos.

Estou moi contenta, satisfeita e orgullosa do noso traballo.

Besiños para todos.

Reflexión sobre os proxectos


Meus piratas!!

A sesión do 9 de Maio da asignatura de Novas Tecnoloxías, estivo adicada a exposición dos proxectos finais da materia, sobre o noso blog e a línea temática.

Todos os proxectos expostos, tanto o do Carnaval, como as Intelixencias Múltiples, Atención a Diversidade e o noso, a Protección de Datos, leváronse a cabo da maneira máis correcta e completa que poderíase facer. Gustáronme todos, pero o traballo propio sempre queda máis adentro.

Considero que o resultado final reflexou o traballo realizado durante todas as sesións anteriores, e o interés e o esforzo posto na materia.

Verémonos moi pronto!

Reflexión sobre os proxectos expostos


Ola navegantes!!
Durante a sesión do 9 de maio da nosa materia de Novas Tecnoloxías, estivo dedicada a exposición dos nosos proxectos. En xeral, e baixo a miña opinión, penso que todos os proxectos expostos caracterizáronse por estar repletos de esforzo e moito traballo, polo que o resultado final foi espléndido.
Non podería elixir un que fora mellor que outro, posto que todos e cada un deles, era moi diferente pero estaban perfectamente feitos.
Ademais, o apoio visual utilizado como recurso para a exposición facilitou a comprensión e explicación destes proxectos.
Polo tanto, creo que todos os meus compañeiros e máis o meu grupo, realizamos un bo traballo, un bo informe e un bo proxecto final para rematar esta práctica.

Un saúdo rapaces!!

luns, 8 de maio de 2017

Videoxogos !

Boas corsarios e corsarias da rede !

Hoxe vou falar de usos das novas tecnoloxias no ámbito dos videoxogos, se non tedes ningunha idea do que vou falar recomendo leer antes este artigo de "La Vanguardía" http://www.lavanguardia.com/tecnologia/videojuegos/pc/20140424/54406029617/los-videojuegos-factor-educativo-social.html

O tema principal da noticia resumese en duas vertientes:

A primera é a aplicación dos videoxogos como formato para aprender a traballar en grupo mediante as opciones multixogador que proporciona.
A segunda vertiente é la aplicación de videoxogos nas aulas como unha nova ferramienta a disposición do docente e una forma amena de que os nenos se entreteñan e aprendan.

Dicho esto, metemonos en matería, dende o inicios dos videoxogos como o Pong ou o coñecido mundialmente como "comecocos" pasando por Super Mario e Pokémon ata chegar a Assasins Creed ou Call of Dutty  a industria dos videoxogos tivo un gran avance nos poucos anos que levamos no S.XXI, xa non se trata so como entrenenimiento, senon que esta empezando a acadar tanta importancia como o cine ou a televisión, isto fai que empece a poder aplicarse en diferentes ámbitos.

O que nos interesa a nós é a educación, por iso deberíase empezar a usar diferentes videoxogos con tematicas moi utiles para a enseñanza nas diferentes areas como pode ser a historia, por poñer un exemplo, o xogo Assasins Creed podería usarse perfectamente para mostrar aos rapaces as arquitecturas mais importantes creadas polo ser humano ao longo da historia como o Coliseo Romano ou Santa Sofía en Istambul, algúns detractores diran que os nenos intentaran imitar a forma de actuar dos protagonistas se son xogos violentos... a solución que propoñemos dende este blog é o uso e desarrollo de mods (modificacións); os mods son extensiones do xogo que poden añadir ou suprimir elementos, incluso poden modificar completamente para crear outro xogo completamente distinto,

Tamén encontramos unha forma diferente de traballar en equipo, outro exemplo é o xogo de wii chamado Wii Music onde teras que traballar cos teus compañeiros para poder facer ben a canción, aparte de escoitar música clasica, xogas cos teus amigos, que gozada !

Esperamos ver dentro duns anos a instalación de plataformas para poder usar videoxogos nas aulas

Ata outra navegantes!!

Suplantación de identidade

Boas de novo amigo/as!

Hoxe quero mostrarvos, que todo o referido a seguridade na rede, é moi importante. Nós tratámolo de maneira "teórica", pero hoxe quérovos achegar a realidade máis preto e mostrarvos casos reais, que vós servirán de moita axuda, tanto para previr estas situacións, como en caso de sufrilas para saber como actuar.

O artículo que vós proporciono a continuación, é o articulo no que vou basar a miña reflexión. Pertenece ao periódico El País, e foi escrito e publicado por Laura Delle Femmine o 6 de Maio de 2016. 

Han suplantado mi identidad en internet


Hoxe en día podemos decir que somos moitos os que contamos, con redes sociais, correos electrónicos... lugares  nos cales nos rexistramos, damos os nosos datos, compartimos información, publicamos fotos, comentarios...pero... ¿ata que punto é realmente seguro o sistema destas webs?

Aquí tedes un fragmento da noticia, que reflexa un caso que pode pasarlle a calquera de nós:

"Imagínate que empiezas a recibir mensajes desagradables por WhatsApp de personas que no conoces. Les preguntas de dónde han sacado tu contacto y te contestan que está colgado en Internet. Preocupado, tras una rápida búsqueda, te tropiezas con una conocida página web de clasificados donde aparecen tu nombre, ciudad de residencia y número de teléfono." (Delle, 2016)

Garantizan unha seguridade moi alta e fiable,  pero por desgracia cada día encontrámonos máis casos de suplantación de identidade, de roubo de fotografías privadas, etc...Miles  de casos que as veces poden correxirse e outras veces non teñen solución.

Por eso amigo/a, dende este blog sempre vós vamos a axudar e ensinar a prever e protexer, para que noticias como a anterior, non se repitan, ou polo menos, cada vez haxa un número menor.

Leede detivamente as nosas entradas sobre este, pode que pareza unha tontería, pero mediante a lectura a xente concienciase do perigo que poden ter as cousas, e neste caso a Internet. Leede os nosos consellos e solucións, para que desta maneira, poidades estar seguros contra esta piratería.

Nunca se sabe... ti podes ser o seguinte.

Un saúdo!!

martes, 2 de maio de 2017

Informe do noso proxecto


Navegantes!!

Nesta entrada adxuntamos o Informe do noso proxecto final, a WebQuest títulada Natecs Na Rede.

Podedes abrilo e consultalo para resolver todas as dúbidas que teñades.

Informe

Vémonos pronto!

Apoio visual para exposición do proxecto


Lectores e lectoras!!

Complementando a actividade anterior, adxuntamos o apoio visual que usaremos para a exposición do noso proxecto o 9 de Maio. Este recurso foi elaborado na plataforma Drive.

Presentación 

Xa sabedes, calquera dúbida... tripleaprimaria@gmail.com

Ata logo!!


Menores e redes sociais


Ola lectores/as!!
Hoxe veño a mostrarvos unha noticia que me chamou moito a atención e a cal ten moito que ver co tema que tratamos neste blog e o cal está a orden do día; é o caso dos menores nas redes sociais.

É unha noticia que trata a problemática de compartir as fotos de menores nas redes sociais, xa que supón un gran peligro para os nosos menores. Tamén está o caso dos rapaces que comezan a empregar as redes sociais e os cales non teñen moita idea sobre si o que están a facer está ben ou mal ou si é perigoso ou non. Para iso, Facebook e o "Grupo de sociología de la infancia y la adolescencia" creou unha guía para mellorar a convivencia online.

Paréceme unha iniciativa moi boa xa que a maioría da xente non ten ningunha idea dos riscos aos que se expoñen e aos que expoñen a gente coa que sacan a foto.

Para máis información podedes ler a noticia completa neste enlace:
Menores e redes sociais

Espero que vos guste e que vos resulte tan interesante coma a min. Un saúdo!!💗