martes, 31 de xaneiro de 2017

Estructura do Blog


     Boas tardes!

     Eu son Andrea, unha das compoñentes do grupo Triple A .

     Nesta presentación individual, cada un dos membros consensuamos centrarnos cada un nun tema do que é necesario para poder comprender o blog.

     Neste caso, eu, vouvos falar sobre os apartados que trataremos dentro da protección de datos e a seguridade na rede. Proporcionaremos Ferramentas TIC nas que se traballe este aspecto e tamén Recursos Para A Aula, no que se traballe este tema entre moitos máis.

     Tamén haberá un apartado de Reflexións Teóricas que estará dedicado a aportar información o blog, apoiandonos en artículos,outros sitios web e multitud de fontes de información posibles.

     Finalmente, aplicaremos o teórico á práctica mediante as Experiencias Prácticas.

     Intentaremos facer este blog o máis ameno, útil e divertido para todos os navegantes !!


Protección de datos

     Boas Tardes!!

     O tema  elixido foi seleccionado, entre un sin fin de temas relacionado cás novas tecnoloxías, xa que consideramos que na sociedade actual , a  ley de protección de datos é un tema de  interese social, pero que a maioría da xente descoñece na sua totalidade.

     Hoxe en día tanto para redes sociais, coma colexio virtual de calquera escola, ou mesmo incluindo as aplicacións do noso móbil están necesitadas dunha seguridade e control de datos, xa que a ameaza dunha posible perda de datos ou suplantación da identidade, ou mesmo a aparición indesexada dunha persoa nunha fotografía ou red é un tema preocupante e serio, xa que pode levar a situacións non desexadas, e  a  saída a luz pública de datos  ou contidos  que non interesa que saian.

     Para isto neste blog, vamos a intentar darvos unha maior información acerca do tema en cuestión para que de esta maneira, evitar situación de risco, ou, en caso de que se produzan estas situacións saber actuar dunha maneira rápida e eficaz.

     Espero que a información vos axude e sexa do voso interese.




luns, 30 de xaneiro de 2017

¡Benvidos!


                           
      ¡Benvidos ó noso blog!



       Ola a todos, damosvos a benvida a este espazo no que iniciamos a nosa aventura como bloggers.

       Nós somos Alex, Ana, Andrea e Antón , e facemonos chamar Triple A. Encargarémonos de actualizar semanalmente este blog.

       Este espazo vai estar dedicado aos nosos presentes e futuros nativos tecnolóxicos e dixitais, dos que seremos docentes nun mañá. Esta iniciativa nace da materia de Novas Tecnoloxías. Novas Tecnologías é unha materia dedicada precisamente aos usos, vantaxes e inconvenientes das tecnoloxías que se usan na actualidade. Aquí proporcionaremos recursos, actividades e información sobre a seguridade na red e a protección de datos dos máis peques, abarcando todo tipo de ámbitos e situacións.

      Este proxecto o realizaremos mediante a plataforma Blogger ,usando as súas ferramentas online para enriquecer o noso espazo.

       Podedes ler máis sobre nosotros no apartado "Sobre nós" . 

       Próximamente publicaremos as nosas primeiras entradas, escritas por cada un dos componentes.

       ¡Moitas grazas pola vosa atención!